O CAMPO DE FÚTBOL DE BASTAVALES SUFRE O ROUBO DE PORTAS, VENTÁS E DE TODA A GRIFERÍA
O Concello de Brión tamén deu parte do destrozo dunha marquesiña en Vioxo de Arriba, na parroquia de Luaña
O Campo de Fútbol de Bastavales foi obxecto da visita dos ladrones que esta fin de semana forzaron o portalón de entrada ao campo de terra parroquial. Xa no interior, os amigos do alleo fixéronse coas cinco portas de alumnio que separan os vestiarios e as entradas aos baños. Non conformes con iso, fixéronse tamén coas seis ventás, tamén de alumnio lacado branco, e coa grifería (4 grifos).
O roubo foi descuberto esta mañá polos responsables U.D Bastavales, que se desplazaron ao lugar para recoller material e observaron que o portalón de entrada estaba forzado. Avisadas ás autoridades, a Policía Local de Brión desplazouse ao lugar para facer inventario do roubo e avanzar unha estimación dos danos, que calculan que pode ascender a máis de 2.500 euros, xa que tamén hai que engadirlle os candados que forzaron.
Marquesiña destrozada
As sorpresas desagradables non quedaron aí e a mañá rematou tamén coa denuncia dos destrozos provocados dunha marquesiña de Vioxo do Arriba, na parroquia de Luaña, que amaneceu co cristal lateral destrozado por un forte impacto. Polo de agora descoñécense as circunstancias nas que se produciron estes danos, aínda por cuantificar, pero desde o Concello de Brión informouse que a empresa de mantemento xa está informada para proceder a reparala en canto sexa posible.

Ningún comentario:
Publicar un comentario