BNG Forcarei - o PP leva a pleno medio millón de euros non pagados pero executados

O PP LEVA AO PLENO 500.000 EUROS EN FACTURAS NON PAGADAS MAIS EXECUTADAS

A ausencia de criterio político nos orzamentos evidencianse nas propia declaración da concelleira do BNG Anabel Gulías :“@s veciñ@s en crise e alcaldesa vende como gran investimento unha pista de padel”
Orzamentos 2012:

A valoración do BNG sobre os orzamento presentados esta maña polo partido popular é lamentábel , queremos facer fincapé nas cuestión básicas coas que o BNG non concorda :
O plan de investimentos : parte dos investimentos correspóndense con fases de proxectos anunciados e gastos xa executados que non responden a ningunha demanda veciñal , a estas alturas o BNG preguntase: en que beneficiou ao comercio local a humanización da dúas rúas principais ? e cando presentará esa rede de dinamización comercial que prometeu coas subvencións e non aparece por ningures?.
En canto aos proxectos de nova creación e malia que alcaldesa argumentou que moita mocidade demandou instalación de padel , o BNG somentes quere expor que gastar cerca de 100.000 euros nunha pista de padal e na pavimentación dunha das dúas pistas de tenis existentes semella en tempos de crise unha autentica tolemia máxime cando se fan con fondos públicos . A voceira nacionalista , puxo varios exemplos de proxectos produtivos , como viveiros de empresas, proxectos micolóxicos e silvopastoris…..
En canto o gasto por programas simplemente examinar en que gastará o orzamento este goberno municipal e farao nestes programas: administración xeral de cultura 120.000 euros , administración xeral de deportes 168.000 euros porén desde o BNG tememos que este investimento non repercuta na vida económica da vila e vixilaremos con sixilo os programas que porá ou puxeron en marcha dende a administración municipal . Tamén chama a atención que no programa de turismo e comercio (pequena e mediana empresa ) haxa unha consignación de 20. Euros
Colar nun orzamento un recoñecemento extraxudicial de crédito de máis 500.000 euros con reparo do interventor municipal suporá un grave problema para o concello de Forcarei que froito dunha xestión orzamentaria sen planificar e neglixente . Paga agora en tempos económicos difíciles problemas de estabilidade orzamentaria . Como se pon de manifesto o resultado orzamentario de 2011 cun déficit de 62.000 euros , e un remanente de tesourería (líquido ) que baixa a pasos axigantados .

O PP vota en contra da moción do BNG para crear unha comisión do agro en Forcarei :

Feito que demostra que o pleno extra ordinario do tres de agosto era soamente política de xestos mais baleiro de contido . Argumenta a alcaldesa que o tenente de alcalde é presidente da cooperativa e xa teñen información de abondo .
O BNG argumenta que o tenente de alcalde debe diferenzar e así o fai ,os dous cargos compatíbeis , mais deben estar perfectamente delimitados .
O BNG non entende cal é o problema de crear un organismo no que se poidan escoller por exemplo que pistas auxiliares son prioritarias nos arranxos en funcións de criterios de funcionalidade e non en termos electorais.

Ningún comentario: