O CONCELLO DE TEO ORGANIZA O TROFEO DE FÚTBOL DE MODESTOS
O campo de fútbol municipal da Cañoteira (Cacheiras) será o escenario deste partido ás 19.30 horas deste sábado 25.
O Departamento de Deportes municipal organiza, como xa vén facendo nos últimos anos, o Torneo de Fútbol de Modestos.
Esta competición disputarase a partido único entre o Sp. C. Praíña e a S. D. Cacheiras e terá lugar no campo da Cañoteira (Cacheiras) o sábado 25 de agosto ás 19.30 h.
Este torneo servirá de preparación para unha nova temporada 2012-13 para ambos clubs.
Por un lado o Sp. C. Praíña militará, un ano máis na terceira competición autonómica, mentres que a S. D. Cacheiras estreará a nova categoría de 1ª Autonómica, tras o ascenso conseguido na anterior campaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario