Melide - presentada a iniciativa REDECINEMA


A secretaría xeral de Política Lingüística presenta en Melide a iniciativa "REDECINEMA" e a proxección do filme Vilamor.

22/08/2012 Melide pertence á Rede de Dinamización Lingüística participa deste xeiton no programa de cinema de verán que percorre as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e máis o Concello de Melide, adherido á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), presentan nesta localidade coruñesa o programa de cinema de verán Redecinema. 
Así o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, xunto a representantes do concello, Santos López e Dolores Gómez quen deu a coñecer en Melide a iniciativa de Redecinema que achega o cine as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra durante o verán. No evento estiveron tamen presentes Ignacio Vilar o director de Vilamor e Mela Casal, actriz do reparto do filme. 
Cómpre destacar que dentro desta iniciativa estase a proxectar o filme Vilamor que esta a colleitar éxitos en numeros festivais e encontros de cine, os últimos deles en Nova York, Estados Unidos.
Vilamor, foi rodada en Galicia e en galego e estreada en Ourense o pasado 17 de maio. A pesar da súa curta andaina, xa colleitou o recoñecemento de dentro e de fóra das nosa fronteiras (Cannes, Nova York, Jakarta...).

Redecinema en 38 localidades da RDL

Por outra banda Redecinema leva achegando o cine e este filme desde o pasado7 de agosto, que comezou en Cee (A Coruña) e desde entón percorreu os concellos da RDL e así continuará ata o vindeiro mes de setembro.
O calendario de localidades e datas, e mais o horario de proxeccións, xa están dispoñibles no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüísticawww.xunta.es/linguagalega/redecinema.
Así, un total de 38 localidades de Pontevedra, Ourense e A Coruña acollerán o novo programa de dinamización lingüística da RDL durante este verán.

Apoio e promoción do audiovisual desde a RDL
Os obxectivos cos que nace o novo programa de dinamización lingüística entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; para visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; para potenciar artistas e dinamizadores galegos, e mais para favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.
Deste xeito, a RDL liderada pola consellería de Vázquez Abad, quere darlle cumprimento aos devanditos obxectivos e, asemade, apoiar e promover a industria cultural, nomeadamente a audiovisual galega e en galego.

Rede de Dinamización Lingüística
A RDL é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca a asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local para impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego. Os seus principais obxectivos son os de promover a coordinación, a colaboración e a cooperación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles.
Canda a Deputación da Coruña, a Deputación de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, na actualidade forman parte da RDL máis dun terzo dos concellos galegos. Con eles, participan no proxecto o Consello da Cultura Galega; as mancomunidades Terras de Celanova, Fisterra, Ría de Arousa-Zona Norte e da Mariña Lucense; o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela; o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a fundación Eduardo Pondal.

Ningún comentario: