Melide - representantes do concello reciben os participantes do campo de traballo Babelia

Hoxe o tenente da alcaldesa Santos López e a concelleira de Xuventude, Dalia García, recibiron no Concello de Melide a segunda quenda do campo de traballo Babelia. 
O día 18 deu comezo a segunda quenda do campo de traballo Babelia que a Dirección Xeral de Xuventude organiza este ano en Melide por primeira vez. 
Desta quenda son 21 rapaces e rapaces de múltiples nacionalidades como Grecia, Turquía, Gran Bretaña, Italia, Arxentina, Rusia entre outros lugares, ademáis de galegos e españois que visitan Melide. 

Melide 24 de agosto 2012
A segunda quenda do campo de traballo Babelia que a Dirección Xeral de Xuventude organiza no campamento de Furelos en Melide deu comezo o pasado día 18 de agosto. Hoxe os participantes foron recibidos no Concello de Melide polo tenente da alcaldesa, Santos López e pola concelleira de xuventude, Dalia García quenes poideron comprobar de primeira man o intercambio cultural que se está a producir entre as xentes do pobo e os participantes no campo de traballo. Se na primeira quenda estos facían unha inmersión lingüística directa cos peregrinos en pleno Camiño de Santiago desta vez son as xentes de Melide, a terceira idade, quen está a desfrutar das costumes e tradicións destes países no Centro Social da terceira idade da vila. Manteñen o tour en diferentes línguas por Melide para os peregrinos que así o dispoñan ás 12.00 h do mediodía e terán o pracer de desfrutar dun obradoiro de elaboración de melindres na Casa Museo de Melide, ou do proceso de elaboración dunha queimada acompañada da música tradicional galega entre outras moitas actividades. A concelleira de xuventude, Dalia García, amosou a súa satisfación pola gran diversidade cultural que este campo de traballo achega a Melide así como a práctica de diferentes linguas ademáis da inmersión cultural das nosas tradicións. Pola súa banda, Santos López convidou aos participantes a participar da gastronomía, do tempo de lecer e do ambiente de Melide, para que esta sexa unha experiencia única da que queden gañas de repetir.

Ningún comentario: