BNG Forcarei - o PP leva a pleno medio millón de euros non pagados pero executados
BNG Forcarei - creación dunha comisión municipal do agro
De máis aló – BNG Forcarei – pleno xoves 23
O BNG DE FORCAREI , AGARDA O PLENO DESTE XOVES PARA AVALIAR SE OS CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN FACILITARÁN A XESTIÓN AUSTERA PROMETIDA POLA NOVA ALCALDESA.
A formación nacionalista presentará varias mocións en relación ao complexo momento socioeconómico que atravesamos e buscará o debate coa nova alcaldesa para que se posicione.
A concelleira nacionalista preguntaralle a alcaldesa se xa ten constancia da ubicación da incineradora do Irixo
Este xoves celebrase on pleno ordinario no que Belén Cachafeiro se estrea como alcaldesa a pesar de ser ordinario introduce, por imperativo legal, de novo cuestións relativas á organización.
O BNG agarda que a alcaldesa cumpra o dito no seu discurso de toma de posesión en relación a garantir un recorte nas atribucións salariais tanto dos membros do goberno como dos concelleiros da corporación , de ser así o BNG dará todo o seu apoio ás propostas dos populares.
Porén hai un punto na orde do día que inquieta aos nacionalistas , xa que se propón a votación dunha dedicación exclusiva con autorización de compatibilidade. Este tipo de cuestións introdúcense cando unha persoa pasa a traballar como cargo público e traballa, ao tempo, no sector privado. De ser así o BNG votará en contra porque nestes momentos de crise, onde hai moita xente en paro, onde se fala de redución da xornada laboral con redución de salario… non pode ser que haxa privilexiados que cobren dous salarios. Considera o BNG que os poucos recursos hai que redistribuílos, non agrupalos.
MOCIÓNS PRESENTADAS
O BNG presenta para este pleno 5 mocións que esperan sexan debatidas no pleno.
A primeira delas en relación a supresión das gardas nocturnas nas farmacias do concello. Tras preguntar no pleno de decembro sen ter contestación o BNG pediralle ao PP que non prive de máis servizos aos veciños de Forcarei (xa enviamos nota sobre asunto )
A situación laboral que se deriva do decreto da reforma laboral aprobada polo PP tamén preocupa ao BNG xa que sen dúbida o novo marco de negociación no traballo , o abaratamento do despido , as reducións de salario e xornada laboral, a posibilidade de introducir ERE´s na administración … é algo que vai a afectar ao concello. Polo que, é básico que os veciños coñezan a posición dos dirixentes populares do concello como a visión do BNG, implicado sempre na defensa dos dereitos de todos traballadores en calquera punto do país.
Tamén coidan básico os nacionalistas ver como afectará no concello a suba do IBI imposta polo PP da “austeridade”. Neste senso o BNG agarda que a nova alcaldesa sexa consciente que a aprobación de medidas urxentes por parte do goberno central vai supor un incremento do IBI
no 2013. Os nacionalistas preguntarán sobre o impacto no concello e sobre os investimentos ou servizos vai poñer en marcha con este incremento de recadación.
O BNG proporá a través dunha moción un plan de reactivación do comercio e a industria local a través da mellora da sinalización industrial nos polígonos do concello, como a creación dun proxecto de sinalización dos locais e comercios de Soutelo e Forcarei.
Outra das cuestións plantexadas será a posibilidade de buscar solucións a comunicacións das aldeas coas vilas mediante ao transporte á demanda ,máis recoñece ,que esta cuestión debe contar co consenso de todos os actores implicados.
Por último o BNG presenta unha moción para lograr un acordo plenario no que se proceda sempre a comunicación á empresa local das ofertas de obras públicas , favorecendo deste xeito, a participación en igualdade de condicións, do tecido empresarial e industrial local.
MÁIS PREGUNTAS NOVAS E RECORDATORIO DO QUE FICA SEN CONTESTAR:
No apartado de preguntas a concelleira do BNG , fará un recordatorio das preguntas que ten pendente de contestar o PP dende o pleno de agosto e lembrará que o artigo 97.6 e 7 do ROF establece a obrigatoriedade de contestar inmediatamente no pleno seguinte. Aínda que o BNG tamén debe recoñecerlle que dende o anterior pleno , non volvemos a ter problemas coa documentación cuestión que facilita enormemente o traballo a esta organización, así que agardamos que esta NOVA boa práctica do PP tamén funcione coas preguntas (axuntamos cadro coa preguntas)
Tamén preguntaremos sobre a cuestión da incineradora do Irixo xa que No pasado pleno de decembro presentou unha moción sobre a ubicación dunha incineradora no Irixo. O BNG demandaba da corporación un posicionamento sobre a localización .O PP rexeitou debater esta moción por non ter ningunha comunicación da situación da planta incineradora. Preguntaremos, por tanto, se por fin teñen constancia deste tema e nese caso se pensan priorizar os intereses locais como fixeron os alcaldes de Lalín e o Carballiño ou os intereses do PP.
Outra cuestión que interesa os nacionalistas e a previsión da convocatoria da praza de técnico de cultura , a substitución do policía local recentemente trasladado as horas extras ...
O BNG ROGA AO CONCELLO QUE ACELERE O PROCESO DE CP DE MEAVÍA QUINTILLÁN .
O noso grupo ten preguntado sobre o estado da CP Meavía – Quintillán , sen que o goberno municipal ofrecese información clara ao respecto , o que demostra que a este grupo so lle afecta a CP á hora de facer visitas electorais , pero non para resolver. O BNG instou no pleno de decembro a apoiar a enmenda do Grupo Parlamentar do BNG para dotar de fondos as actuacións pendentes.
Concretamente nesta CP se levouse a cabo algunha modificación nos planos de melloras do viario tamén debido o trazado dos núcleos rurais moitos veciños viron a afectadas as súas
peticións pola non inclusión dos núcleos rurais. Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG de Forcarei e tendo en conta que o proceso é básico para esta parroquia
Pediralle á alcaldesa que inste aos técnicos a acelerar o proceso, que se interese polo plan de mellora e or último que se interese polo estado das alegacións
BNG Forcarei – solicitude xunta de portavoces
O BNG DE FORCAREI , DEMANDA UNHA XUNTA DE PORTAVOCES URXENTES PARA CLAREXAR A ASIGNACIÓN DE HORAS EXTRAS E O TEMA DA AUGA
O BNG entende que estes temas son demasiado importantes e deben ter un tratamento rigoroso.
No pasado pleno do día 15 de decembro , a instancia do grupo municipal do PSOE , preguntábase sobre dúas cuestión de importancia considerábel que tiveron repercusión nos medios de comunicación.
A primeira delas é sobre a auga subministrada aos veciños durante a seca deste verán. Segundo o PSOE e varias testemuñas, o tratamento e o transporte da auga pode non garantir as condicións de salubridade mínimas. Polo tanto estamos a falar dun tema de saúde pública moi importante.
A segunda cuestión é sobre as horas extras pagadas a un traballador que exceden con creces os límites permitidos por lei . O BNG coida imprescindíbel, tendo en conta dúas resolucións de alcaldía que atinxen a este tema, tratar urxentemente este tema e fiscalizar as retribucións recibidas polo persoal para garantir a equidade e correcta distribución salarial (no referido á horas extras).
Tendo en conta que o exposto no pasado pleno e que as declaracións nos medios non arroxan luz suficiente e alarman máis aos veciños ( sen aportar ningún dato ) o grupo municipal do BNG solicitou esta maña unha xunta urxente de portavoces municipais dos grupos políticos con representación, ao tempo, que a documentación precisa para analizar estes temas.
Se o goberno municipal do PP rexeita celebrar esta xunta, o BNG proporá ao PSOE a posibilidade de solicitar un pleno extraordinario (posibilidade recollida no ROF) para tratar estas cuestións. A propia concelleira nacionalista Anabel Gulías non entende como os plenos do concello de Forcarei, teñen tan pouco contido político limitando o debate as mocións e as preguntas presentadas pola oposición.
A formación nacionalista entende que cuestións tan relevantes como as mencionadas deben tratarse nun pleno e coa documentación diante. O BNG defende que sexa nos plenos onde se traten cuestións de interese xeral e que non se convertan nun trámite ao goberno local.
BNG Forcarei – petición de regulamento interno
A formación nacionalista está farta do menosprezo e dos problemas coa acceso á información e propón a elaboración dun regulamento interno para mellorar o sistema e facilitar o traballo a todo o mundo.
Hoxe no pleno do concello de Forcarei , produciuse un feito novidoso , que propiciou que o pleno se alongara case até as 14:30 horas da tarde.
Todo isto ten que ver co feito acontecido onte. Antes do pleno é costume do BNG consultar a documentación para o debate en pleno. Solicitase en función da cantidade e dos temas 5 copias que faría a propia concelleira do BNG (sen molestar a ningún funcionario). Unha delas sobre a moción do PSOE e outras 4 copias de certas resolucións. A sorpresa ven cando se comunica que non autorizan as copias. O BNG pensa que este feito é moi grave e solicita por rexistro esa orde por escrito posto que atenta directamente contra o artigo 84 do ROF
“Toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día que debe servir de base ao debate e, no seu caso, votación deberá estar a disposición dos membros da Corporación desde o mesmo día da convocatoria na Secretaría da mesma. Calquera membro da Corporación poderá, en consecuencia, examinala e incluso obter copias de documentos concretos que a integre, pero os orixinais non poderán saír do lugar no que se atopen postos de manifesto”
Ao negar as copias , o grupo municipal do BNG pediulle a tenente de alcalde que lese unha por unha as resolucións , agardando non ter que volver a pasar este trance , pero advertindo que dende o BNG non se permitirá ni unha soa traba no funcionamento ordinario nin na preparación nin no desenvolvemento do pleno.
UN REGULAMNETO INTERNO PARA O PLENO:
Unha das mocións que presentaba o BNG era a realización, entre os tres grupos políticos ,dun regulamento interno de funcionamento interno .
Para evitar que se produzan tantos retrasos nas respostas de preguntas en plenos ou na entrega da documentos .
O BNG quere facer constar que non queren causar prexuízos aos traballadores do concello e máis estamos dispostos a agradar pola información sempre que haxa un motivo xustificado, de aí , a idea de regular o funcionamento ordinario , para deste xeito poder traballar todos con marxe e eficazmente.
O PP rexeitou esta proposta alegando que até o de agora había normalidade, custión incerta e facilmente comprobábel co relatado nos primeiros parágrafos da nota.
COMISIÓNS INFORMATIVAS:
Neste o pleno o PSOE , preguntou sobre dous temas importantes ao noso entender , a cuestión da salubridade da auga subministrada para contra restar os efectos da seca deste verán no Cachafeiro e tamén se introducía a cuestión da ilegalidade nas asignacións polas horas extras dalgún traballador.
O BNG, despois de seguir este tema polos medios , propuxo tratar este tema en comisión informativas, con toda a documentación en riba da mesa en vez de tratalo na prensa, sobre todo tendo en conta a gravidade dos asuntos. E despois de ter tratado o tema facer as valoracións aos medios que cada grupo estime oportuno .