Santiago - axenda mércores 22 e programación Verán Na Rúa

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No Polígono do Tambre (vía La Cierva, 90), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visita as instalacións do centro de reciclaxe TRAMEVE, centro especial de emprego integrado no grupo empresarial da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Verán na rúa
19:30 Praza da Quintana

CAPITÁN MARAVILLA

“Mono A Mono B”Madrid. Clown e acrobacias. Todas as idades


Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola 
fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán 
Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso 
de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público 
no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la 
Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009 
do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B”

O Capitán Maravilla é un novo superheroe encargado de velar 
pola diversión do seu público por medio do seu espectáculo. 
Fará malabares, bailará como poida, ligará coas nenas, voará, 
arriscará a súa vida (e a da metade do público) e todo o que estea 
na súa man para conseguir as risas, aplausos e manter atónito ao 
público durante todo o espectáculo.
O que che conten non vale, tés que velo.

Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible , que tén como 
protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que 
de seguro impactará en todo o público. 
Todo comeza cando un “Mini” entra en escea, un coche fantástico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán 
lume. Veremos como saen de todos estes apretos.
Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte 
deste circo animalt*
*Todos os animais deste espectáculo foron tratados como tales.

Ningún comentario: