A Copa do Mundo e as dúas Eurocopas logradas pola Selección Española de fútbol estarán expostas no Concello
O Concello de Santiago convida a todos os cidadáns que queiran admirar a Copa do Mundo de fútbol conseguida en Sudáfrica no ano 2010 e mais as dúas Eurocopas logradas en 2008 e 2012 pola Selección Española de fútbol a que se acheguen polo Concello o xoves 23 de agosto.
As copas chegarán a nosa cidade ás 9:30 horas e serán recibidas polo alcalde, Ángel Currás, e polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela. Dende ese momento permanecerán expostas na sala anexa á sala de prensa do Concello, no Pazo de Raxoi, onde os visitantes poderán observar os trofeos e retratarse con eles.
As tres copas poderán visitarse pola mañá dende as 9:30 ás 14:00 horas e, pola tarde, de 16:00 ás 19:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario