Santiago axenda venres 24 e programación Verán na Rúa

11.45 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local. 


12.30 h

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visita o Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, onde se están a realizar dúas accións formativas.

Verán na rúa

19:30 Praza da Quintana

CAPITÁN MARAVILLA

“Capitán Maravilla”Madrid. Clown. Todas as idades. 

Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la  Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009  do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B”. 

O Capitán Maravilla é un novo superheroe encargado de velar pola diversión do seu público por medio do seu espectáculo. Fará malabares, bailará como poida, ligará coas nenas, voará, arriscará a súa vida (e a da metade do público) e todo o que estea na súa man para conseguir as risas, aplausos e manter atónito ao público durante todo o espectáculo. O que che conten non vale, tés que velo.


Ningún comentario: