A mesa de contratación reuniuse este venres para proceder á apertura das plicas
Silleda, 24 de agosto de 2012.
A mesa de contratación do servizo do programa lúdico-educativo para escolares de apertura de centros fóra do horario lectivo reuniuse hoxe para abrir as plicas das súas empresas que se presentaron ao concurso. Ao igual que o ano pasado, a contratación realízase por procedemento negociado con publicidade. Ao concurso presentáronse dúas empresas.
Na sesión de hoxe abriuse o chamado sobre A (coa documentación administrativa), e logo de comprobar que as dúas ofertas cumprían os requisitos procedeuse á apertura do chamado sobre B, que contén o proxecto lúdico-educativo e a proposta multidisciplinar das firmas candidatas.
Segundo explica o concelleiro de Educación, Matías R. Da Torre, a mesa volverá a reunirse previsiblemente a finais da vindeira semana, cando esté lista a valoración sobre os proxectos educativos que realizará un membro do Consello Municipal de Educación. Logo de ter esta valoración subxectiva, procederase a apertura do último sobre, xa para valorar criterios obxectivos e as melloras que se poidan presentar.
Este servizo está dirixido a nenos/as de entre 3 e 12 anos, con actividades nos centros escolares fora do horario lectivo, e tamén durante as vacacións. O prezo polo que se licita o servizo é o mesmo ca o do ano pasado: 80.000 euros.
Por outra banda, o praza para inscribir aos nenos e nenas neste servizo de canguraxe, nos CEIP de Silleda e A Bandeira, continúa aberto ata o vindeiro día 4 de setembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario