Xornada do xoves no #feitoaman2016



Santiago, 25/08/2016 -  Últimos días para o festival Feito a Man con dous concertos no serán de este xoves.

Comunicado de Ames Novo sobre a transparencia no concello

Ames, 25/08/2016 - Esta semana podíamos ler na prensa que o cumprimento da lei de Transparencia é desigual nos concellos galegos, so 29 dos 55 cunha poboación de máis de 10.000 habitantes teñen un Portal de Transparencia. Enseguida un dos concelleiros de goberno facíase eco da noticia e sinalaba nas redes sociais que estaba orgulloso de que fose Ames un dos concellos que cumpre esta lei na súa totalidade.

Adxudicadas á empresa Endenor as obras de mellora do equipamento no auditorio Manuel Dopazo

Silleda, 25/08/2016 - A Xunta de Goberno Local de Silleda acordou adxudicar á empresa Endenor Construcción, Mantemento e Servicios S.L. o proxecto de mellora do Auditorio Manuel Dopazo, na Bandeira.

‘Teo madruga’ abre o vindeiro luns 29 o prazo de inscrición para o curso 2016-2017

Teo, 25/08/2016 - O Concello de Teo abre o vindeiro luns, 29 de agosto, o prazo de inscrición no ‘Teo Madruga 2016-2017’. Neste servizo de conciliación laboral e familiar poderá participar o alumnado dos centros públicos escolares do municipio. Desenvolverase nos colexios de Calo e dos Tilos, con actividade desde as 7:30 horas ata o inicio das clases. 

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta do Concello de Frades

Unha imaxe da edición do 2014
Frades, 25/08/2016 - O Concello de Frades celebra este sábado, 27 de agosto, o seu Día da Bicicleta, para o que aínda mantén aberto o prazo de inscrición nas oficinas da casa consistorial ou directamente chamando ao 981 69 55 67. As anotacións son de balde. 

O PP de Ames reclama que se recepcione o polígono onde se sitúa a nova escola infantil de Bertamiráns

Ames, 25/08/2016 - En el mes de abril de 2016 el Grupo Municipal del Concello de Ames manifestó su preocupación por el acondicionamiento del entorno de la nueva Guardería del Consorcio Galego de Igualdade en Bertamiráns y acusaba de dejadez al Gobierno Tripartito.

Arzúa pon o broche de ouro ao ciclo de música na rúa coa agardada actuación de Antonio Seijo

Arzúa, 25/08/2016 - O primeiro programa de concertos musicais ao aire libre posto en marcha neste mes de agosto polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa chega ao seu fin coa derradeira actuación este xoves, 25 de agosto.

Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"

Santiago, 25/08/2016  Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Ameixenda celebra as súas festas esta fin de semana

Ames, 25/08/2016 - As festas da parroquia de Ameixenda pechan o calendario de festividades do mes de agosto. Desenvolveranse ao longo dos días venres 26, sábado 27 e domingo 28. A veciñanza celebra celebra as festas na honra da súa patroa, Santa Mariña, con misas solemnes, as actuacións de distintos grupos musicais e orquestras, así como xogos para os máis pequenos o domingo 28.

Salgueiriños celebra a segunda xornada de "Efecto Proximidade" con contacontos e música

Santiago, 25/08/2016 - Este xoves 25 de agosto terá lugar a segunda xornada de Efecto Proximidade no mercado de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.

Oroso ofrece hoxe xoves inchables na piscina e unha Festa da Escuma

Oroso, 25/08/2016 - A Semana Cultural de Oroso ofrece hoxe xoves, 25 de agosto, unha xornada de xogos inchables na piscina municipal en Sigüeiro. Durante todo o día, o acceso ás instalacións será gratuíto, e os xogos estarán dispoñibles entre as 11 e as 13 horas pola mañá e entre as 16 e as 19 horas pola tarde. E a partir das 19:15 horas, está prevista unha Festa da Escuma para nenos e nenas maiores de catro anos. 

Descóbrese un novo dolmen en Vimianzo sen inventariar

Ainda que Vimianzo non queda na bisbarra de Compostela pareceunos interesante compartir esta nova que chega desde ese concello:

Vimianzo, 25/08/2016 - Nunha finca próxima ao vello camiño entre Caxadas e Sanfíns, na parroquia vimiancesa de Cambeda, apareceu unha nova mámoa coa súa anta no interior. Aínda que o túmulo é de grandes dimensións e está situado perto dun vieiro, pasou desapercibido durante todos estes anos.

Ames firma un convenio para a cesión das parcelas do novo centro de saúde do Milladoiro

Ames, 24/08/2016 - O Salón de Plenos da Casa do Concello de Ames acolleu a firma dun convenio de cesión entre o Concello de Ames e a empresa Montesgal S.L. Nel cédense ao consistorio tres parcelas situadas na Travesía do Porto, no Milladoiro, onde está previsto construír o novo centro de saúde.

Silleda pecha un acordo con Espina y Delfín para saldar a débeda pendente

Silleda, 24/08/2016 - O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de convocar unha nova sesión da Mesa da Auga, órgano na que ademais dos grupos municipais están representandos distintos colectivos do municipio.

Volven os días de 3 concertos ao #feitoaman2016

Santiago, 24/08/2016 - Un día no que de novo a mistura de estilos é unha realidade, pero tamén de países xa que hai desde grupos locais ata un chegado de Francia.

Teo renova o peche do parque infantil dos Tilos

Teo, 24/08/2016 - O Concello de Teo inicia as obras de mellora do parque infantil da urbanización dos Tilos. Por razóns de seguridade e operatividade, os traballos obrigan a valar o espazo, que volverá estar en condicións de ser utilizado a finais do vindeiro mes de setembro.

El Rio Natura Monbus Obradoiro se enfrentará al FC Porto en su segundo encuentro de pretemporada

Santiago, 24/08/2016 - El partido, que se enmarca dentro del I Torneo de Baloncesto Diputación de A Coruña, tendrá lugar el 4 de septiembre, a las 12.30 horas, en el Pabellón Municipal de Cerceda.

Ordes terá a súa III Feira de Oportunidades os días 8, 9 e 10 de setembro

Ordes, 24/08/2016 - O Concello de Ordes celebrará os vindeiros 8, 9 e 10 de setembro a III Feira de Oportunidades. En total serán 13 postos os que durante esa fin de semana converterán o primeiro andar da Praza de Abastos no maior centro comercial da vila cuns prezos incomparables. 

Santiago Futsal e Area Central presentan ‘Área Futsal’

Santiago, 24/08/2016 - Santiago Futsal e Area Central organizan o primeiro torneo e campus unificado do fútbol sala en Santiago de Compostela. Unha semana para que, tanto nenos como maiores, podan gozar dun dos deportes máis reclamados da cidade nun escenario privilexiado como son as instalacións do Centro Comercial Area Central, antes do comezo de curso.

Compostela aposta polo turismo familiar cun mapa de poképaradas e ximnasios para o xogo Pokemon go!

Santiago, 24/08/2016 - A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentouPokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático dePokésan, Camilo Ameijeiras.