Tras

a

resposta

negativa

do

Señor

Alcalde

na

Comisión

de

Contas

celebrada

o

30

de

xullo

de

2015,

onde

preguntei

se

había

algún

motivo

que

eu

descoñecese

e

que

xustificase

a

comisión

reiterada

de

irregularidades

que

se

reflicten

na

documentación

en

relación

coas

Contas

do

2014,

poño

de

manifesto

ao

Pleno

da

Coorporación

e

para

que

conste

en

acta

o

seguinte:

En

primeiro

lugar,

indicar

que

a

conta

preséntase

fora

de

prazo

e

con

máis

de

catro

meses

de

retraso

ante

á

Comisión

(o

límete

era

o

1

de

marzo

de

2015).

En

segundo

lugar,

queremos

facer

un

breve

resumo

nada

máis

e

nada

menos

que

de

28

REPAROS

SUSPENSIVOS

feitos

pola

intervención

municipal

a

unha

serie

de

pagos

efectuados

e

que

foron

levantados

por

Resolución

da

Alcaldía

durante

o

ano

2014:

a)

O

pago

de

facturas

por

contratación

do

asesoramento

técnico

urbanístico

e

xurídico,

por

importe

superior

a

6.000

euros

(mensuais),

facturas

derivadas

de

contratos

menores

(de

cuantía

non

superior

a

18.000€

e

cunha

duración

máxima

dun

ano)

que

son

prorrogados

irregularmente

ano

tras

ano,

nalgún

caso

dende

o

2010.

Ocorre

o

mesmo

con

outros

contratos

por

servizos

xurídicos

e

de

xestión

laboral.

b)

Facturas

por

servizos

extraordinarios

“horas

extra”

que

incumplen

os

contratos

asinados,

onde

non

se

recolle

a

posibilidade

de

percepción

de

horas

extra.

Ademáis,

nalgún

caso

,

sen

que

lle

conste

a

Intervención

os

asuntos

cuxa

importancia

fan

imprescindible

a

realización

de

ditas

horas

extra.

c)

Irregularidades

na

presentación

das

facturas

coa

empresa

INBISA

SERVICIOS

E

MEDIO

AMBIENTE

S.A.,

adxudicataria

do

contrato

de

xestión

do

servizo

público

de

recollida

de

RSU

e

envases

lixeiros,

limpeza

do

mercado

dominical

e

xestión

do

punto

limpo

de

Padrón.

Contrato

adxudicado

por

procedemento

negociado

sen

publicidade,

e

que

superada

con

creces

na

data

de

emisión

do

informe

da

intervención,

o

valor

estimado

esixido

para

este

tipo

de

contratos.

d)

En

relación

coas

factura

das

seguintes

empresas

ROO

Montajes

Eléctricos

S.L

e

ROOMEL

Service

S.L;

Seigal,

S.L;

Servizos

Sociais

Ulla

Sar,

S.L.

derivadas

de

contratos

menores

e

que

ao

longo

do

ano

superan

con

creces

o

importe

para

este

tipo

de

contratos,

vulnerándose

así

os

principios

de

concorrencia

e

publicidade.

e)

Require

tamén

unha

especial

mención

a

Piscina

Municipal:

no

ano

2009

remataba

a

relación

contractual

coa

empresa

Gimnasios

Pazos

S.A,

aínda

así,

a

empresa

continuou

coa

xestión

sen

ningún

tipo

de

contratación

por

parte

do

Concello.

Figura

no

informe

da

Sra.

Interventora

o

aumento

do

canon

concesional,

recollido

na

cláusula

4ª

do

contrato,

sen

motivo

coñecido.

No

ano

2009

destináronse

a

reparación

de

dita

piscina

89.211

euros

dunha

volta

e

140.042,61

céntimos

doutra.

No

2014,

229.019,24

céntimos

destinados

a

súa

reparación.

En

total,

458.272,85

euros,

e

a

piscina

segue

sen

funcionar

a

data

de

hoxe.

2

O

proceder

é

similar

en

relación

co

servizo

da

gardería

infantil

municipal.

f)

Ao

longo

do

2014

realízanse

numerosos

pagos

das

denominadas

“facturas

de

caixón”,

recoñecidas

no

informe

da

intervención

e

realizadas

sen

consignación

orzamentaria

debido

a

inexistencia

de

crédito

axeitado

e

suficiente

en

varios

exercicios

pechados

(reparos

suspensivos

7

e

20/2014).

g)

Atopámonos

cun

déficit

orzamentario

de

95.312,96

euros

e

cunha

débeda

viva

do

Concello

de

1.027.418,32

euros.

O

que

demostra

que

o

concello

gasta

mais

do

que

ingresa.

Nas

conclusións,

no

apartado

segundo

do

informe

de

intervención

de

data

28

de

abril

de

2015

indícase:

“Débese

proceder

a

unha

redución

e

contención

do

gasto

corrente

que

non

sexa

absolutamente

imprescindible

para

o

mantemento

dos

servizos

básicos

municipais

que

se

debería

concretar

sobre

todo

no

capitulo

1

de

gastos

de

persoal

e

no

capítulo

2

de

gastos

correntes

e

servizos

mediante

a

elaboración

dun

Plan

Económico-­‐financeiro

ou

un

plan

de

saneamento”

e

no

apartado

terceiro

proponse

o

seguinte:

“Débense

aumentar

os

recursos

propios

mediante

a

revisión

de

tódalas

ordenanzas

fiscais

e

non

fiscais,

incluso

valorar

a

procedencia

de

establecer

novos

impostos

e

taxas,

de

forma

que

se

consiga

unha

porcentaxe

mais

alta

no

financiamento

total

do

presuposto

con

estes

recursos,

de

forma

que

se

reduza

a

dependencia

dos

ingresos

procedentes

fundamentalmente

do

capítulo

4,

que

son

fundamentalmente

achegas

doutras

Administracións

Públicas”.

Neste

sentido

nós

somos

totalmente

contrarios,

a

que

sexan

os

cidadáns

de

Padrón

os

que

cos

seus

impostos

financien

a

mala

praxis

de

gasto

do

Concello

de

Padrón

ao

longo

de

décadas,

pero

sí

estamos

de

acordo

cunha

revisión

das

taxas

e

ordenanzas

para

adecualas

aos

tempos

actuáis,

pero

acompañado

dun

Plan

Económico

–

financieiro

ou

Plan

de

saneamento.

Finalmente

indicar

que

o

máis

grave

de

todo

e

que

isto

é

so

un

pequeno

resume

de

entre

moitas

outras

irregularidades

recollidas

pola

Sra.

Interventora

e

que

atopamos

nesas

contas.

Veciños

de

Padrón,

seguindo

cos

seus

principios,

optará

pola

abstención

na

votación

ao

non

formar

parte

da

Corporación

Municipal

no

momento

no

que

se

realizaron,

pero

non

sen

denunciar,

por

medio

de

esta

Concelleira,

as

anomalías

que

se

están

a

producir.

E

advertindo

de

que

a

nosa

formación

realizará

un

control

exhaustivo

das

contas

municipais

no

presente

exercicio

e

seguintes,

mediante

o

exame

exhaustivo

da

documentación

que

consideremos

oportuna

e

non

descartando

a

posibilidade

da

adopción

de

otras

medidas

de

persistir

ditas

irregularidades.

Ordes - Nova edición dos Desordes Creativos

A vila de Ordes acolle estes días unha nova edición do festival internacional de arte na rúa DesOrdes Creativas. Nesta ocasión participan nela artistas e muralistas da sona de Spok, Sabek (Madrid), Ino (Grecia), Malakkai (Almería) e Doa (Galiza).

Todos eles están a empregar muros e fachadas para plasmar as súas obras. Os centros académicos Maruxa Mallo e Castelao, o Campo da Feira, o campo de fútbol Vista Alegre, ou as inmediacións do Paseo Mercurín son algúns dos lenzos que están a empregarse nesta ocasión. Neles reflíctense creacións de distintos estilos e temáticas coas que se pretende, por un lado, denunciar e concienciar á veciñanza sobre aspectos, valores e problemáticas actuais. O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que converte vellos espazos en desuso ou abandonados en novos lugares cheos de vida e cor para o desfrute colectivo. Un gran museo público e gratuíto a ceo aberto, co que tamén se pretende combater o feísmo urbano dalgunhas das zonas da vila a través da cor e da arte. Unha iniciativa que se vén desenvolvendo ininterrompidamente dende o ano 2010 grazas á sensibilidade, o esforzo e o amor incondicional de organizadores e colaboradores, así como polo traballo altruísta dos artistas participantes. 

Ademais de contar coa colaboración do Concello de Ordes nesta nova edición hai que mencionar á asociación cultural Cultivarte e ao colectivo creativo Mutante. 

USC - Nova edición do programa de préstamo de bicicletas

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC convoca unha nova edición do programa gratuíto de préstamo de bicicletas –preto de 250– dirixido a toda a comunidade universitaria dos campus de Lugo e Santiago.O prazo para presentar solicitudes comeza o martes 13 ás 9.00 horas e permanecerá activo ata as 14.00 horas do día 20.

O préstamo comprende todo o curso académico, dende a súa entrega a principios de novembro ata xuño. Quen desexe participar terá que cumprimentar un formulario que atopará no apartado ‘Como podo participar?’ da web do Programa. As persoas beneficiarias serán seleccionadas por estrita orde de presentación. Na mesma páxina web farase pública a lista de seleccionadas e de agarda, xunto co día de recollida das bicicletas.

Con esta acción, inserida no segundo eixo do Plan de Desenvolvemento Sostible dedicado á planificación, xestión e avaliación ambiental, a ODS pretende reducir a pegada da USC na súa contorna e no medio ambiente e concienciar á comunidade universitaria da necesidade de apostar por un modelo de mobilidade sostible. Para apoiar esta acción a universidade compostelá conta con aparcadoiros en diferentes puntos.

A iniciativa compleméntase cos mapas peonís de Santiago e Lugo, dispoñibles na web da ODS, e co programa Comparte Coche na USC mediante o cal os membros da comunidade universitaria poden ofertar ou solicitar o uso compartido do vehículo particular a través dunha plataforma virtual.

Oroso - A Deputación aproba o orzamento para unha nova senda peonil

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosa a súa satisfacción tras coñecer que a Deputación da Coruña aproba o investimento de 229.055 euros nunha senda peonil na estrada DP 3801, concretamente entre os puntos quilométricos 2,190 e 3,280. A obra conectará dous tramos de beirarrúas xa existentes na zona e que contan cun elevado grao de utilización por parte dos veciños e veciñas. 

Mirás lembra que “este é un proxecto polo que levabamos loitando desde hai moito tempo, pero que o anterior goberno do PP na Deputación non admitiu en catro anos”. Por iso, o alcalde de Oroso agradécelle esta aprobación ao novo equipo da entidade provincial: “en especial ao presidente e á vicepresidenta, dado que esta é unha obra que a poboación da Gándara e de Sigüeiro nos estaba pedindo, ao ser unha zona moi axeitada para pasear e comunicarse a pé coa capital municipal”.

Tal como explica a Deputación, a nova senda discorrerá pola marxe dereita da estrada, en dirección a San Mauro. A súa anchura será de dous metros. Nalgúns tramos contará cunha baranda de madeira para garantir a seguridade, e en toda a súa extensión estará dotada co pintado e a sinalización pertinentes.

Novas sendas
O alcalde de Oroso anuncia que o Concello seguirá investindo na dotación de sendas peonís para as parroquias de Oroso, Senra e Deixebre, nestes casos a cargo dos orzamentos municipais deste mandato. Mirás explica que “son reclamacións que nos efectuaron os veciños durante os Encontros co Alcalde dos últimos meses e ás que queremos darlles cumprida resposta”. En concreto, están previstas sendas entre Porto Avieira e O Piñeirón, en Bouzalonga e en Senra.

Santiago - Seminario de músicas tradicionais na Escola Municipal de Música

O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou o Seminario de Músicas Tradicionais, unha actividade que se imparte e fomenta desde a Escola Municipal de Música. O coordinador da mesma é o profesor de clarinete e gaita desta Escola, Pablo Pascual, que conta cunha longa e recoñecida traxectoria profesional.

O proxecto comprende seis áreas instrumentais: acordeón diatónico, gaita, acordeón tradicional, arpa, percusión tradicional e danza tradicional. Complétase con sesións de linguaxe musical, participación na agrupación tradicional, formación para a realización de arranxos musicais e teoría da música tradicional galega.

O seminario conta con músicos de recoñecido prestixio non só en Galicia, senón no ámbito internacional. As especialidades que se imparten son: Acordeón Diatónico (prof. Pedro Pascual), Gaita (prof. Pablo Pascual), Acordeón Tradicional (prof. Javier Díaz), Arpa (prof. Bleuenn Le Friec), Percusión Tradicional (prof. Miguel Anxo López), Danza Tradicional (prof. Marta Otero).

Cunha media de 12 alumnos por especialidade máis a formación grupal específica, o Seminario de Música Tradicional conta inicialmente cunha oferta educativa de 80 prazas. O prazo de inscrición xa está aberto cunha cota mensual de 53,50 euros que se poderá formalizar mediante o impreso correspondente, a disposición na Escola Municipal de Música e nas páxinas web www.santiagodecompostela.org e www.esmucompostela.es. O seminario impartirase de novembro a xuño de 2016.

Oroso TM - Boa fin de semana para os equipos das ligas nacionais

Segunda jornada de ligas nacionales y gallegas para el Oroso TM con gran éxito de todos sus equipos. 

Las chicas de División de Honor, el Autos Grabanxa ABANCA, se estrenaban en la liga, tras haber descansado el fin de semana pasado. Y no pudieron hacerlo con mejor pie. En su doble desplazamiento a Naron-Ferrol, se llevaron sendas victorias ante los equipos locales. En primer lugar se enfrentaron contra el recién ascendido San Xoan TM, al que la escuadra formada por Silvia Alvarez, Paula Fukuhara, Olaya Cea, Saleta López y Cristina Fernández ganó por 0-6. El segundo enfrentamiento sería contra el Cidade Narón. El partido resulto algo más complicado y el conjunto local comenzaba adelantándose en el marcador. Pero las de Oroso pudieron darle la vuelta al resultado y acabar imponiéndose por 2-4. Con estas victorias, el conjunto orosino se coloca ya al frente de la clasificación. 

Por su parte, el conjunto masculino, el Oroso TM Deporte Galego, recibía a los cambadeses del Establecimientos Otero. Partido trascendental tras la derrota la semana pasada ante uno de los cocos de la categoría, el AD Vincios. Nada más empezar el encuentro los locales pusieron distancia en el marcador, ganando Marcos Sanmartín a Guillermo Sanchez, Valeri Malov a Julio Reyes y Kazeem Ahmed a Fernando Padín. Remataría el encuentro Malov sobre Guillermo Sanchez por 3-0. Con el 4-0 en el marcador y el partido ya ganado, Sanmartín cedía ante Padín, mientras que Kazeem ponía el 5-1 final al vencer a Julio Reyes. Con esta victoria los de Oroso se aúpan hasta la 4ª posición lejos de los puestos de descenso que tienen como objetivo poder evitar esta temporada. 

Los más pequeños de la casa tampoco defraudaron, y el Oroso TM Hotel Santa Cruz ganaba en Lalin por 4-2 en su primer año en la 3ª División Nacional, con un conjunto muy joven formado por Xandre Iglesias, Lois Teixeira y Martín Vilaboa. 

En 1ª gallega el Oroso TM Peluquería Tije empataba en casa, dejando escapar una victoria que tenía encaminada, tras ir ganando por 3-1. 3-3 final para Uxio Pampín, Adan Calvo y José Manuel Regueiro que suman su primer punto en la categoría.

Caney - O restaurante participa na sexta edición da campaña "Restaurantes contra el hambre"

El restaurante Caney participa en la sexta edición de la campaña “Restaurantes contra el hambre. Platos que alimentan” de la organización humanitaria Acción contra el Hambre, en en colaboración con la Federación Española de Hostelería, destinada a luchar contra la desnutrición infantil.

El Caney se convierte hasta el 15 de noviembre en un punto de recogida de donativos para la prevención, diagnóstico y tratamiento de la desnutrición infantil. En el centro del restaurante se ha colocado una hucha para que todas las personas que visiten el establecimiento puedan depositar sus donativos. Además, la campaña también ha ofrece la posibilidad de colaborar enviando un mensaje de texto con la palabra Hambre al 28010, con lo que se aportará 1,20 euros íntegros al proyecto.

Actualmente, han participado ya más de 3.000 establecimientos de España en la que se considera la mayor iniciativa solidaria de la hostelería en el país. La organización explica que por cada cuarenta euros recaudados se podrá proporcionar un tratamiento que salvará la vida de un niño o niña amenazado por la desnutrición.

El chef Joan Roca es el padrino nacional 2015 de la campaña: “En la vida, como en la cocina, poco se consigue sin tu equipo. Por eso, animo a chefs y restaurantes de todo el país a sumarse. Los hosteleros nos unimos para luchar contra la desnutrición infantil sirviendo los platos que más alimentan”.

Acción contra el Hambre es una organización humanitaria internacional, presente en más de 40 países, que desde 1979 combate la desnutrición infantil a la vez que garantiza agua y medios de vida seguros a las familias y poblaciones más vulnerables.

Santiago Futsal - Resultados categorías base (9, 10 e 11 de Outubro)

O filial Santiago Futsal B recibía a 5 Coruña FS na 2ª xornada de Liga. Nunha primeira parte moi igualada, con poucas ocasións, foron os locais os que puideron inaugurar o marcador pero sen acerto na finalización. Con todo, sería 5 Coruña FS o que se adiantaría cun dobre penalti. Co marcador en contra para o filial celeste chegaríase ao descanso.

Na segunda parte, Diego igualaría o encontro aos poucos minutos da continuación tras un roubo de balón en primeira liña. Acto seguido, Quique anotaba o 2-1 favorable aos locais, e de novo Diego pecharía a conta local cun gran gol en saque de falta. Xa con porteiro xogador, 5 Coruña FS conseguiría facer o 3-2. A gran actuación dos celestes en defensa lograría manter o resultado favorable ata o final do encontro e asinar o primeiros tres puntos da competición.

En División de Honra Xuvenil, Santiago Futsal A Gaiola recibíu a Burela FS nun encontro que se resolveu con resultado de 1-5. Pola súa banda, o outro conxunto do Santiago Futsal na devandita categoría desprazouse a Lugo onde, o equipo rival, Prone Lugo AD, non compareceu ao encontro.

O conxunto feminino Santiago Futsal A Gaiola asina unha vitoria no primeiro partido en cada da tempada. As celestes recibían ao AD Atletes, un conxunto novo pero con moita actitude, co reto de manter o nivel amosado na primeira xornada.
O encontro foi, practicamente, un monólogo do equipo local, que pagou os erros en finalización ao encaixar o 0-1 nun erro defensivo. SFAG estrelaba todas as súas ocasións na madeira ou se atopaba coa porteira visitante. Pero antes do descanso, as xogadoras do Santiago lograron igualar o encontro.
Na segunda parte aumentou considerablemente a intensidade por parte das locais que conseguiron materializar todas as súas ocasións froito da presión en primeira liña. Deste xeito os goles sucedéronse ata pechar o marcador co definitivo 6-1.

RESULTADOS


TER.DIV.
Santiago Futsal B 3-2 5 Coruña FS

JUV.DIV.HON
Santiago Futsal A Gaiola 1-5 Burela FS

CAD.AUT
Santiago Futsal 7-1 Leis Pontevedra

INF.AUT
Santiago Futsal 0-1 Leis Pontevedra

CAD.LOC.
Noia FS 4-0 Santiago Futsal

INF.LOC.
Noia FS 5-2 Santiago Futsal

ALEV.A
Noia FS 2-6 Santiago Futsal

ALEV.B
Ordes FS 0-7 Santiago Futsal

BENJ.A
Noia FS 4-1 Santiago Futsal

BENJ.B
Ordes FS 3-7 Santiago Futsal

BENJ.C
Noia FS 5-3 Santiago Futsal

PROV.FEM
Santiago Futsal A Gaiola 6-1 A.D Atletes

Fundación Araguaney - Proyeccion del documental “Return to Homs”

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas y el Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL proyectarán hoy martes, día 13, la cinta “Return to Homs”, dentro del ciclo de cine “Cinco miradas dende Oriente”, organizado en colaboración con la Deputación da Coruña. Esta coproducción siria-alemana se podrá ver a partir de las 20:30 horas en el salón Rahid del hotel Eurostars Araguaney de Santiago (calle Alfredo Brañas, 5), con entrada gratuita hasta completar el aforo de la sala.

“Return to Homs” es un documental bélico, dirigido por Talal Derki, que narra la guerra en Siria en ochenta minutos. Filmado durante tres años en Homs, la tercera ciudad más importante del país, la película sigue la trayectoria del joven Basset, portero de fútbol de la selección nacional, y de su grupo de amigos revolucionarios desde el momento en que sueñan con la libertad e inician la lucha por el derrocamiento de Bashar al-Asad, hasta la destrucción de Homs. Obtuvo el Gran Premio del Jurado en el Festival de Sundance y más recientemente el de mejor película en una nueva edición del DocsBarcelona.

Talal Derki (Damasco, 1977) es un cineasta sirio que estudió dirección de cine en Atenas. Sus películas han sido proyectadas en varios festivales internacionales, ganando el premio especial del jurado en el Rotterdam Arab Film Festival 2011 por “Azadi”, y el Arab Camara Film Festival 2012 por “Lajat”. Ambas películas se grabaron durante la revolución siria y se proyectaron con nombres falsos. Después Derki decidió abandonar Siria con su familia. También ha trabajado como reportero de vídeo para Thompson Reuters, CNN, ITV, Al Arabiya y Francia 24.

► Martes-13. 20:30 horas. Salón Rahid
“Return to Homs”. Documental bélico. Talal Derki / Siria-Alemania/ 2013/ 80’



Ordes - O concello honra á Virxe do Pilar arroupando á Garda Civil e ao corpo de Correos

Un ano máis a igrexa parroquial volveuse a encher no día da Festa Nacional. Unha xornada na que os ordenses rendéronlle tributo á Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil e do Corpo Xeral de Correos, ademais de amosarlle o seu repecto, admiración e agradecemento a ambas organizacións. 

No acto litúrxico non faltaron ás ofrendas florais no altar especialmente colocado para a ocasión e que, como non podía ser doutro xeito, coroaba a imaxe da Santa cuberta polo manto da Garda Civil. Entre os asistentes figuraron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais dos membros do seu equipo goberno e outros representantes da corporación municipal. Tamén acudiron o comandante do posto da Garda Civil, Francisco Miguel Matías; o sarxento Juan Cendal; o cabo primeiro Miguel Mosquera; o xefe da Policía Local de Ordes, Eduardo Rodríguez, e o xuíz decano José M. Pérez. Entre os representantes doutros municipios da comarca destacaron José Liñares e Mariano Iglesias, rexedores de Cerceda e Mesía respectivamente. 

Tras concluír a cerimonia relixiosa todas e todos, acompañados de familiares e amigos, desfrutaron dun viño español onde non faltaron as felicitacións e os brindis pola Garda Civil, polo corpo de Correos, por España e, como non, pola Virxe do Pilar.

Brión - O alcalde José Luís Garcia viaxa a Bruselas representando a Deputación

O deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego da Deputación da Coruña e alcalde de Brión, José Luís García, asistirá á décimoterceira edición da Semana Europea das Rexións e as Cidades “Open Days 2015”, que se celebra dende ata o 15 de outubro en Bruxelas.

Os Open Days son un evento anual dedicado a autoridades locais e rexionais, organizado polo Comité das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea co obxectivo de compartir experiencias de xestión e boas prácticas no eido local, así como coñecementos especializados sobre desenvolvemento local e rexional.

Entre outras actividades, José Luís García asistirá o 14 de outubro a o seminario “Cooperación local e rexional para o cambio demográfico” que se celebrará na Representación Permanente de España na Unión Europea, no que se abordarán diferentes estratexias para afrontar os retos derivados do envellecemento e a baixa densidade de poboación, fundamentalmente nas áreas rurais e Europa. 

Ese mesmo día, na sede da Fundación Galicia Europa na capital europea, o deputado de Promoción Económica explicará no marco dun seminario sobre integración das áreas rurais e urbanas no que participarán representantes de entidades locais de Grecia, Italia, Polonia, Croacia, Holanda, Portugal e Reino Unido, algunhas das claves do proxecto Parnet-TIC 2 que desenvolve a Deputación da Coruña co obxecto de potenciar a creación de emprego no rural a través das novas tecnoloxías. 

Promoción de produtos do Eume 
O mércores 14 de outubro, a última hora da tarde, terá tamén lugar na sede da rexión italiana do Veneto na UE unha degustación de produtos típicos de diversas zonas rurais europeas, na que participarán os representantes políticos que asistiron ás conferencias matinais. A Deputación participará nesta actividade promovendo un variado catálogo de alimentos coa colaboración da Cooperativa Agroalimentaria do Eume.

Os días 15 e 16, García participará nun foro internacional sobre políticas de integración rural e urbana, no que se exporán experiencias concretas de diversas rexións europeas e viaxará á provincia de Zelanda (Holanda) onde visitará unha granxa ecolóxica e unha empresa de produción de ostras, así como o Deltawerken, un dos proxectos de xestión da auga máis grandes do mundo emprendido polos holandeses trala última gran inundación no ano 1953.

Lalín - Busqueda de solucións aos problemas do alumeado público

Nos últimos días producíronse algunhas queixas entre os veciños dalgunhas zonas do municipio debido á tardanza coa que supostamente comeza a funcionar o alumeado público nalgúns puntos. Por este motivo, o alcalde, Rafael Cuíña e o Concelleiro de Rural, Miguel Medela, puxéronse en contacto cos responsables da empresa Montefaro -que leva o mantemento do servizo- para coñecer as razóns de que dan pé a tales de deficiencias e valorar posibles solucións. 

Deste xeito, tal e como se explicou, os desaxustes horarios no acendido do alumeado son provocados “porque o tendido se divide en varios sectores que pertencen a cadros eléctricos distintos, que ao mesmo tempo se activan a través de sistemas diferentes”. Os diversos métodos de funcionamentos dos dispositivos que activan as luminarias dan pé a que nesta época do ano poidan darse situacións nas que nunhas zonas as farolas funcionen normalmente, mentres noutras demoren o seu acendido.

Os cadros eléctricos de Lalín actívanse a través de tres modalidades, segundo explicaron os representantes da empresa que se encarga do mantemento. Nuns casos, o mecanismo consiste nun reloxo astronómico que se regula automaticamente acendendo as luminarias ás horas pertinentes. Pola contra, outros cadros funcionan mediante “un reloxo normal que se regula manualmente, polo que aínda que se fan revisións con moita frecuencia poden darse casos nos que estean desaxustados”, explican. A eficacia deste mecanismo tamén depende das condicións de luminosidade do día e da climatoloxía, “xa que nunha xornada despexada pode haber boa visibilidade ata tarde, pero nun día escuro faise antes de noite e igual o horario de acendido non é o adecuado”.

Por outro lado, existen dispositivos que se poñen en funcionamento a través de cédulas fotosensibles que se activan de maneira automática en función da cantidade de luz. Estes sistemas son os máis funcionais, aínda que, por exemplo, en días de néboa espesa ou con pouca visibilidade por motivos meteorolóxicos, pode darse a circunstancia de que se manteñan acendidas as luminarias polo día innecesariamente. Así e todo, este método é o ideal, polo que o Concello tentará instalalo gradualmente en todos os cadros. Non obstante, será un proceso complexo entre outras cousas, debido aos altos custes da súa instalación. 

Tal e como explicaron os técnicos da empresa Montefaro, “os problemas que se están producindo nestes momento non son novos senón que se dan todos os anos”.

Ordes - Podium para Rodrigo Varela do Club Luar

Rodrigo Varela Mirás del club Luar Taekwondo (Ordes) se sube al tercer puesto del podium en categoria cadete -57 de la liga profesional de taekwondo, la cual se celebró este sábado en torrevieja ( Alicante). Rodrigo asistió en esta ocasion con la seleccion gallega.

Axenda e tempo do domingo 1 de outubro - Música, curtas, teatro, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Curtocircuito

Vedra - Vedra de tapas

Arzua - IX Ciclo de teatro de outono

Santiago - Capitol - Moon Duo + Diola

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - retrospectiva Montero Ríos (ata o 31 de outubro)

Santiago - Numax - Sings of the Seventies (ata o 10 de outubro)

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Fonseca - Trazos do Pasado (ata o 15 de outubro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)


O Tempo

Santiago - Kaurismaki en Compostela dentro de Curtocircuíto

As sesións especiais que o festival Curtocircuíto lle dedica a Aki Kaurismäki presentáronse en rolda de prensa. O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, abriu o acto dicindo que contar co director finés era "un regalo que Curtocircuíto fai á cidade". Pela del Álamo, o director do certame, agradeceulle as palabras, explicando que "os festivais non se fan só con cartos, senón con complicidade e entendemento". Curtocircuíto ten a obriga ética de ofrecer novos camiños para o cinema, según o seu director, máis tamén "de traer os precursores desta liña".

Obviamente, referíase a Aki Kaurismäki, que fumaba atento ás súas palabras xunto ao alcalde. A primeira sesión que lle dedicou onte pola noite, as súas Rock&Short Films, "non son curtametraxes", di o finés, "senón filmes de rock que fixen para os Leningrad Cowboys, para que puidesen saír na MTV e esas cousas". Destacou que os filmou moi rápido e en 35mm, que é un bo costume. A sesión tivo tamén outras pezas que fixo en Portugal, coma O Tasqueiro; ou de películas como Dogs Have No Hell. O público poderá velas de novo no Teatro Principal  hoxe ás 5 da tarde, e para todos os que desexen seguir falando con el, ofrecerá unha charla co público, moderada polo crítico e cineasta Gabe Klinger.

A segunda sesión é unha carta branca, na que o director programa uns filmes suxeridos ao festival. Poderá verse tamén hoxe, logo da charla. "Agardo que sexa unha selección interesante, ou que canda menos non as vise todo o mundo", dixo Kaurismäki da súa proposta, que inclué títulos de John Huston ou do seu discípolo e axudante de dirección Gilles Charmant.

Logo desta breve presentación, a prensa quixo saber como van os plans de rodar en Vigo. "Tal vez un día", comentou o finés con secretismo, momento no que alcalde aproveitou para bromear co desprazamento da rodaxe a Compostela, "só por amolar a Abel Caballero". A rolda seguiu neste ton cordial e festivo, con declaracións tamén polémicas sobre o proceso soberanista catalán. "Que van saber os cataláns de independencia!", espetoulle a unha xornalista, engadindo: "vós si que deberiades independizarvos, pero se sae mal, non me responsabilizo". E ten novos proxectos Kaurismäki? "Si, estou a construír un invernadoiro para a miña esposa". Deixando os xornalistas cun sorriso na cara, liscou fumando pasear o seu can, nunha soleada tarde de outubro.

Ordes - Recepción oficial ao Club Luar de Taekwondo

O Concello de Ordes celebrou hoxe unha recepción oficial na honra do Club Luar Taekwondo, ocupando un lugar destacada a recente campiona nacional júnior Ainhoa Ramos Manteiga. 

En total asistiron preto de 80 integrantes deste club, ademais dos seus familiares, amigos e afeccionados. Un club que dende o ano 2009 levan paseado o nome de Ordes polas competicións máis importantes do panorama nacional e incluso internacional.

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, destacou o exemplo destes deportistas, así como o orgullo e exemplo a seguir que supoñen para veciños e veciñas. Non só foron palabras de recoñecemento e alento o que lles brindou o rexedor, senón que tamén lles fixo entrega dunha bandeira oficial do municipio de Ordes para que a paseen por cada unha das competicións ás que asistan. Ademais do rexedor tampouco faltaron á cita os seus compañeiros de goberno, ademais da maioría dos concelleiros da oposición.

Fundación Araguaney - Presentación da Imxe da semana de Cine Euroárabe AMAL

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta la imagen de la Semana de Cine Euroárabe AMAL 2015, que se celebrará entre los días 26 y 31 de octubre en el Teatro Principal de Santiago de Compostela. En su decimotercera edición, AMAL continúa siendo un referente internacional del cine árabe centrado en dar a conocer la realidad del mundo árabe a través del séptimo arte, convirtiendo la cultura en un puente que conecta a los seres humanos por encima de la política y las fronteras.

La imagen de este año gira en torno a una fotografía cedida por el fotoperiodista catalán Sergi Cámara a la Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Esta imagen muestra a dos niños sirios de ocho y once años, Motasín y su hermano Mutaz, en la frontera entre Serbia y Hungría, evidenciando la actualidad de la guerra y los refugiados.

Sergi Cámara conoció a este grupo de refugiados sirios en un viaje en autobús entre la frontera de Macedonia y Serbia, de caminio a Belgrado. “Me invitaron a unirme al grupo que iba hacia Hungría y acompañarlos y así mostrar con mi trabajo el riesgo que supone el pasar esas fronteras para muchos niños, obligados a cruzar clandestinamente y a ser tratados como ilegales” –comenta–.

El sueño alemán, destino para este grupo de refugiados, se alcanzaría tras recorrer miles de kilómetros. El fotógrafo recuerda como atravesaron en silencio unos campos de maíz para no ser descubiertos por la policía húngara. Sergi relata como todo llega a su fin con la ayuda de los gps de sus móviles y tabletas y consiguen saltar la valla. “Para todos es agotador después de recorrer largas distancias y durmiendo poco, pero los niños siempre tenían una sonrisa en la cara para su madre Lama”.

El sueño de un futuro mejor
Sergi Cámara comenzó a desarrollar su fotografía documental sobre las migraciones de África hacia Europa en 2004 desde su ciudad natal de Vic, mostrando a los inmigrantes que llegaban a la zona de Barcelona, para después mostrar la realidad que se vivía en la valla de Melilla. “Siempre me han interesado las fronteras, esos espacios creados absurdamente por el hombre que deciden quien está a un lado u otro y trazan una línea entre la riqueza y la pobreza” –señala–.

El fotógrafo explica que las fronteras son simplemente líneas imaginarias. “En España tenemos la peor valla fronteriza de Europa, con 20 kilómetros de triple alambrada paralela de seis metros de altura con alambres de púas retorcidas”. 

Sergi Cámara ha trabajado en países como Marruecos, Argelia, Mali, Senegal, Nigeria, Ruanda, Guinea Bissau, Yemen, Albania, Ecuador, Colombia, Venezuela , Panamá, Haití o Brasil. Ha recibido multitud de premios y becas por el trabajo realizado durante los últimos diez años. Destacan premios y becas como la mención especial del jurado de Fotopres09 de La Fundació La Caixa o el Premio José Couso 12 meses 12 causas de Tele5 por un documental realizado en Melilla en 2006, además de ser seleccionado en el apartado Novas Olladas del Festival gallego de Fotografía Olladas05. Ha publicado su obra en revistas como Financial Times, Vanity Fair Italia o el Magazine de La Vanguardia.

Taquilla solidaria
En esta edición de la Semana de Cine Euroárabe AMAL 2015, la organización ha decidido ceder la totalidad de su taquilla, con la recaudación de todas las películas que compondrán el programa de AMAL, a las personas refugiadas sirias en Santiago (se darán más detalles en los próximos días).

Cámara de Comercio - Axudas a contratación e o empredemento

O Programa Local de Apoio ao Emprego 2015, desenvolto pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago no marco do programa operativo “Adaptabilidad y Empleo” con cofinanciamento do Fondo Social Europeo, abre a convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego ata o vindeiro xoves, 15 de outubro.

O Programa Local de Apoio ao Emprego consiste nun conxunto de medidas e accións urxentes destinadas a mellorar a empregabilidade, mediante a formación dirixida a colectivos prioritarios do ámbito local, sexan rurais ou urbanos, co obxecto da inserción laboral.

Esta convocatoria pretende cofinanciar proxectos destinados a dinamizar o mercado de traballo local, a mellorar a empregabilidade das persoas sen traballo e a mellorar as taxas de inserción laboral con incentivos económicos ás empresas para fomentar postos de traballo estables.

Así, a convocatoria establece o réxime das subvencións destinadas a fomentar a creación de emprego e afianzar a economía local a través de axudas ás empresas para a contratación de persoas sen emprego que participasen nalgunha das actuacións do Programa Local de Apoio ao Emprego desenvolvidas pola Cámara de Comercio e o Concello de Santiago, así como a apoiar o desenvolvemento de iniciativas de creación de proxectos empresariais postas en marcha por persoas sen emprego participantes no plan.

O importe máximo para as axudas é de 12.400 euros. As actuacións subvencionables da convocatoria están cofinanciadas nun 80 por cento polo Fondo Social Europeo e destinadas a contratacións laborais e axudas a emprendedores, cun importa de 1.550 euros para os oito contratos de alta como autónomo ou constitución de empresa previstos.

Para as contratacións laborais, a convocatoria esixe un contrato de xornada completa de polo menos seis meses a finalizar como máximo o 15 de abril de 2016. En canto ás axudas a emprendedores, a constitución da nova empresa debe realizarse seguindo os correspondentes rexistros legais, en calquera das súas formas xurídicas. No caso de traballadores autónomos deben estar dados de alta no réxime especial dos traballadores autónomos e no Imposto de Actividades Económicas. O mantemento do proxecto empresarial emprendedor será como mínimo de seis meses desde a data de outorgamento Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

O plan inclúe, ademais de accións formativas e de orientación laboral e das axudas á contratación, a celebración dunha feira do emprego que terá lugar os días 5 e 6 de noviembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Oroso - Novo tractor para o concello

O Concello de Oroso vén de investir algo máis de 70.000 euros na compra dun moderno tractor John Deere con pala cargadora, desbrozadora de pluma e trituradora para a limpeza e conservación da súa rede de estradas municipais. Unha maquinaria que foi recibida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, de mans do xerente de Agorbarreiro SL; quen estiveron acompañados polos concelleiros de Obras e Servizos, Eduardo Veiras; e Seguridade e Parque Móbil, Antonio Leira.

“O Concello de Oroso ten permanentemente durante todo o ano dous tractores con desbrozadora de brazo traballando nas estradas e pistas do municipio”, explica Manuel Mirás, quen destaca que “este novo tractor vén substituír un que temos de máis de 14 anos e como está moito mellor equipado nos permitirá facer máis e mellores actuacións na nosa rede viaria”. De feito, esta nova maquinaria permitirá substituír unha máquina que leva xa varias avarías importantes nos dous últimos anos, que supoñían un incremento do gasto e unha redución do tempo no que estaba operativo.

Así, o novo tractor John Deere de 110 cv conta cunha pala cargadora Tenia Evolutiodesbrozadoran, que permitirá realizar moitas actuacións que antes non se podían realizar cos actuais tractores como, por exemplo, a retirada de árbores caídas caídas sobre a estrada. Así mesmo, conta cunha debrozadora de pluma, moito máis moderna e profesional cas actuais desbrozadoras de brazo, o que permitirá un mellor e máis rápido desbrozado das pistas orosás. Finalmente, o vehículo incorpora tamén unha trituradora lateral.