Ordes - Recepción oficial ao Club Luar de Taekwondo

O Concello de Ordes celebrou hoxe unha recepción oficial na honra do Club Luar Taekwondo, ocupando un lugar destacada a recente campiona nacional júnior Ainhoa Ramos Manteiga. 

En total asistiron preto de 80 integrantes deste club, ademais dos seus familiares, amigos e afeccionados. Un club que dende o ano 2009 levan paseado o nome de Ordes polas competicións máis importantes do panorama nacional e incluso internacional.

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, destacou o exemplo destes deportistas, así como o orgullo e exemplo a seguir que supoñen para veciños e veciñas. Non só foron palabras de recoñecemento e alento o que lles brindou o rexedor, senón que tamén lles fixo entrega dunha bandeira oficial do municipio de Ordes para que a paseen por cada unha das competicións ás que asistan. Ademais do rexedor tampouco faltaron á cita os seus compañeiros de goberno, ademais da maioría dos concelleiros da oposición.

Ningún comentario: