Ames - O concello executa de forma subsidiaria o colector principal de saneamento da rúa Agrelo en Bertamiráns

O Concello de Ames executa, de forma subsidiaria, a reparación do colector principal de saneamento da rúa Agrelo de Bertamiráns

O Concello de Ames executou esta semana a reparación do colector principal de saneamento da rúa Agrelo, situada na localidade de Bertamiráns. O goberno municipal optou pola execución subsidiaria destas obras de reparación dodevandito colector de saneamento, sobre o que o construtor dun edificio realizou obras sen autorización municipal, xerando filtracións de augas fecais no garaxe e malos olores co conseguinte prexuízo para os residentes. Esta reparación foi realizada por unha empresa especializada neste tipo de traballos, que empregou un sistema robotizado para arranxar o devandito colector de saneamento desta rúa. O custo destes traballos foron asumidos polo Concello e repercutirallos ao construtor. As obras foronexecutadas en canto baixou o nivel das augas do colector.

O Concello de Ames executou, de xeito subsidiario, as obras de reparación do colector principal da rúa Agrelo, que está situada en Bertamiráns. Estes traballos foron realizados mediante un sistema non invasivo. Primeiro, realizouse un lavado con auga a presión do devandito colector. De seguido, a través dun sistema robotizado, procedeuse ao selado de varias acometidas realizadas nestecolector de xeito irregular.

Debido ás características especiais desta obra, xa que se trataba dun colector xeral de saneamento soterrado a unha gran profundidade baixo unha beirarrúa, os servizos técnicos de urbanismo indicaron que a mellor opción era realizar a reparación mediante un sistema non invasivo no que un robot introdúcese polo interior da condución de saneamento para selar as acometidas feitas sen autorización neste colector de saneamento. O custo destes traballos foron asumidos polo Concello e repercutirallos ao construtor. As obras foron executadas en canto baixou o nivel das augas do colector.

Cómpre lembrar que esta situación provocou malestar entre os veciños e veciñas. O goberno municipal comprometeuse a buscar unha solución a este problema que non foi provocado polo Concello. Para intentar solucionalo o Concello de Ames interpúxolle unha multa coercitiva ao construtor, que non foi atendida polo que se optou pola vía da execución forzosa. O Concello deulle traslado desta decisión tanto á comunidade de propietarios do inmoble como ao construtor. Deste xeito, o goberno amiense cumpriu con todos os trámites administrativos e legais que estaban na súa man para solucionar o problema rexistrado no edificio situado na rúa Agrelo de Bertamiráns.

O Concello atendeu a petición dos veciños/as realizando un estudo pormenorizado da situación, pola que se incoou un expediente de reposición da legalidade e se remitiu requirimento de multa coercitiva ao construtor. Ademais, o goberno amiense encargou á empresa concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento a realización dunha inspección da canalización, a través da introdución dunha cámara na arqueta. Este estudo demostrou a existencia de conexións co colector principal que se levaron a cabo sen o correspondente permiso.

Finalmente, o goberno municipal, tal e como se comprometeu cos veciños desta rúa, encargouse de executar a reparación deste colector. Deste xeito,esta mesma semana levouse a cabo o selado do colector principal de saneamento desta rúa.

BNG Compostela - Dous anos despois Xestur non rematou a rede eléctrica e de auga do polígono da Sionlla

O BNG advirte que Xestur, dous anos despois da inauguración do polígono da Sionlla, segue sen rematar a rede eléctrica e de auga
En 2012 a recepción da obra condicionouse a concluír, nun prazo de catro meses, as actuacións pendentes

O grupo municipal do BNG vai solicitar no vindeiro Pleno municipal que se executen de xeito inmediato as obras pendentes no polígono da Sionlla para garantir a inclusión do enlace coa AP-9 nas obras de ampliación da autoestrada, unha revisión da política de prezos e de captación de investimentos e, ademais, explicacións de por que non se acometeron as obras pendentes da rede de auga potábel dende a zona norte e o soterramento da rede de enerxía eléctrica de alta tensión no prazo previsto, co prexuízo que isto causa para a activación económica da cidade.

“Cremos que unha parte importante do futuro económico da cidade pasa por ese polígono industrial que ten un evidente potencial pola centralidade política e xeográfica de Santiago, pola proximidade ao aeroporto e pola conectividade coas principais vías de alta capacidade que vertebran o noso país e nos comunican co resto da Península”, explicou Rubén Cela. Trátase, a xuízo do BNG, dunha “actuación estratéxica” de cara a unha maior diversificación da actividade económica de Compostela para reforzar a súa cativa industria e dende unha perspectiva de creación de novos postos de traballo e reactivación económica.

Segundo explicou Rubén Cela, a Xunta de Goberno do Concello de Santiago, nunha sesión extraordinaria e urxente do 20 de novembro de 2012 adoptaba o acordo de recepcionar as obras definidas no proxecto sectorial e construtivo do parque empresarial da Sionlla e que foran executadas por Xestur. “A recepción total da obra estaba condicionada ao cumprimento dos compromisos adquiridos con Xestur”, engadiu, “en concreto, no prazo máximo de catro meses, a Xerencia de Xestur comprometíase a ter rematadas as obras pendentes”.

Obras pendentes dende a inauguración de Hernández
En concreto, no parque empresarial da Sionlla quedou pendente rematar a rede de acometida de auga potábel dende a zona norte, rematar a acometida e soterramento da rede de enerxía eléctrica de alta tensión que discorre sobre os terreos do SUN-37 e que daría servizo á subestación de transformación e rematar o tramo do “viario Orbital” nos extremos; un tramo importante no extremo que ha de conectar coa AP-9 e outro nas proximidades do enlace coa N-550.

Ademais destas tres cuestións fundamentais para o desenvolvemento desta área industrial, faltaban outras de xardinería, mobiliario urbano, sinalización viaria e cableado de alumeado público e outros equipos, ademais de existir signos evidentes de deterioro nalgúns elementos de carácter menor como postes de luminarias, papeleiras, tapas de rexistro de diferentes redes, elementos de se dinamización e de seguridade viaria, que foron acrecentándose no transcurso destes case dous anos.

Rubén Cela cuestionou, así, que transcorreron case dous anos dende que Agustín Hernández, en calidade de conselleiro, inauguraba este polígono que se converteu “nun auténtico deserto onde –agás Mercadona- só se instalaron toxos e xestas e no que fican máis de cen parcelas baleiras” porque Xestur non rematou as actuacións.

Ames - Acondicionamento das pistas de voleibol praia

O Concello de Ames acondiciona as pistas de voleibol praia que están situadas no parque municipal do Rego do Ameneiral

O Concello de Ames acondicionou as pistas le voleibol praia, que están situadas no parque municipal do Rego do Ameneiral, en Bertamiráns. O goberno municipal instalou un peche perimetral ao redor das devanditas pistas, para que non podan acceder animais e persoas axeas á práctica deste deporte. Ademais, cambiouse a area destas pistas, que son empregadas polo Club de Voleibol Bruxas e por outras asociacións que organizan torneos de verán de fútbol praia. A través desta iniciativa o Concello de Ames intenta fomentar a practica do voleibol entre a mocidade amiense.

A voleibol é un deporte que está en auxe no concello de Ames. Debido a iso e para mellorar as instalacións municipais onde se practica este deporte o goberno municipal decidiu mellorar as pistas de voleibol praia, que se atopan no parque municipal do Rego do Ameneiral. Neste lugar existen unhas pistas que eran empregadas tanto por persoas que practican este deporte como por outras persoas que paseaban por este lugar cos seus animais.

Para acondicionar estas pistas o Concello de Ames instalou un peche perimetral ao redor destas instalacións municipais, para evitar o acceso a este lugar de animais e persoas axeas á práctica deste deporte. Ademais, reforzáronse os postes do peche perimetral e colocáronse catro portas de acceso ás pistas. Tamén se cambiou a area destas instalacións por outra nova.

Estas instalacións son empregadas habitualmente polo Club de Voleibol Bruxas, que participan no campionato galego de voleibol praia. Nestas pistas adestran as rapazas sub 15 e sub 17 e os rapaces sub 19 do Club de Voleibol Bruxas. Ademais, outras asociacións soen solicitan estas pistas para organizar torneos de fútbol praia durante os meses de verán.

Casa das Crechas - Hoxe concerto con The Fabulous Resaca Brothers

Hoxe luns, concerto de The Fabulous Resaca Brothers no Via Sacra Peregrina Festival
The Fabulous Resaca Brothers (blues) - 19.30h luns 21

Na praza da Vía Sacra comeza mañá o Festival Via Sacra Peregrina Festival organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Esta programación de xullo está patrocinada pola cervexa artesá compostelá A Peregrina e abre continúa mañá co blues canalla de The Fabulous Resaca Brothers. 

Os Resaca Brothers nacen da combinación de dous factores: as ganas de achegar a súa interpreación do xénero á crecente escena de blues compostelá e, por outra banda, as irrefrenables ansias de festa dos seus compoñentes. 

Con membros que teñen unha longa traxectoria na música (en proxectos como The Lakazans, Sinestesia, RuxeRuxe ou a Magnifique Banda dos Homes Sen Medo), os Resaca poden non ser o máis purista dentro do blues, pero sen dúbida son do máis canalla e divertido.

Axenda e tempo do domingo 20 de xullo - Apostolo, actividades, exposicións

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Actividades e Festas do Apóstolo

Festa do escalo en Chaián
Día do traxe galego (programa especial)

11.30 h Concentración de participantes no desfile na Alameda
e posterior desfile ata a Praza do Obradoiro

13.15 h Misa e ofrenda ao Apóstolo

14.15 h Recepción de honra no Pazo de Raxoi

16.00 h Concentración de participantes no certame de traxes
en San Domingos de Bonaval

19.30 h Desfile de traxes tradicionais de Bonaval ata a Praza da Quintana

20.00 h Exhibición, concurso de traxes e entrega de premios. Praza da Quintana

22.30 h Susana Seivane en concerto

Santiago - vive o verán


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ames - Noite de estrelas no alto do onte San Marcos

O Concello de Ames organiza o martes, 22 de xullo, a actividade “Noite de estrelas” no alto do Monte de San Marcos

Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 22:30 horas, está dirixida a todos os públicos. A observación enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. Non é necesaria inscrición previa.

O Concello de Ames ofrecerá un servizo de autobús, que trasladará os interesados ata o monte de San Marcos. Hai dúas paradas establecidas. A saída do autobús efectuarase ás 21:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:45 dende a praza do Concello, en Bertamiráns.

A vindeira semana continúan as actividades de astronomía, que está desenvolvendo o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no concello de Ames. Nesta ocasión vaise organizar unha actividade de observación astronómica no alto do monte de San Marcos, que se denomina “Noite de estrelas”. Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 22:30 horas, está dirixida a todos os públicos. A observación enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. O Concello de Ames ofrecerá un servizo de autobús, que trasladará os interesados ata o monte de San Marcos. Hai dúas paradas establecidas. A saída do autobús efectuarase ás 21:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:45 dende a praza do Concello, en Bertamiráns. Non é necesaria inscrición previa.

O Concello de Ames colabora co Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no desenvolvemento do programa Todocosmos, que pretende achegar o mundo da astronomía a diferentes concellos de Galicia. No marco deste programa o persoal do observatorio astronómico Ramón María Aller desenvolverá unha actividade de observación astronómica o próximo martes, 22 de xullo, no alto domonte de San Marcos. 

Esta actividade, que se desenvolverá entre as 22:30 e as 01:00, denóminase “Noite de Estrelas”. Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios astros e constelacións. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente. Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen asistir. Os participantes deberán levar unha lanterna e roupa de abrigo.

Haberá servizo de autobús
Para facilitar a asistencia das persoas que estean interesadas nesta actividade, o Concello de Ames habilitou un servizo de autobús que trasladará ós participantes ata o monte de San Marcos. Hai dúas paradas establecidas. A saída do autobús efectuarase ás 21:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:45 dende a praza do Concello, en Bertamiráns. O autobús regresará a 01:00 cara Bertamiráns e estará arredor da 01:15 horas no Milladoiro. 

O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursos, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc. 

Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto "La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT para o ano 2014, e no que participan así mesmo os concellos de Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, e Teo, así como a empresa Óptica Val. 

Para ampliar calquera outra información, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.orgou chamar ao número de teléfono 660 004 665.

Psoe Trazo - En contra do PXOM xa que a mesma Xunta está en contra

O PSOE de Trazo vota en contra da aprobación inicial dun PXOM “elaborado con escurantismo e no que non se tivo en conta aos veciños”
Domínguez critica que “non se nos informou sobre o PXOM”, que conta “cun informe demoledor da Xunta polos seus múltiples e graves defectos, polo que Dafonte sabe non llo van aprobar”

O Partido Socialista de Trazo votou en contra da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trazo por considerar que “foi elaborado con escurantismo e non se tivo en conta nin aos veciños nin a opinión dos socialistas de Trazo”, explica Beatriz Domínguez, voceira do PSOE tracense. Unha aprobación inicial que tivo lugar onte venres nunha sesión plenaria extraordinaria.

Os socialistas lembran ademais que este Plan Xeral “conta cun informe demoledor por parte da Xunta polos seus múltiples e graves defectos, polo que Dafonte sabe ben que non llo van aprobar”. Durante o debate plenario, Domínguez Siaba criticoulle ao alcalde que “non contestaran a nada do que lles preguntamos sobre o PXOM e que ninguén do equipo redactor puidese informar sobre o documento”.

Unha queixa á que o alcalde de Trazo respostou afirmando que a empresa redactora do PXOM tampouco fixera ningunha sesión informativa con ningún concelleiro do grupo de Goberno, polo que entendía que as queixas socialistas estaban fora de lugar. Domínguez explicou no pleno que “se é certo que a empresa redactora nin sequera informou ao grupo de Goberno, entón nin vostedes mesmos saben que están aprobando hoxe aquí”. 

Así mesmo, preguntou que “como é posible que os redactores dun informe que se paga con cartos públicos nin sequera teñan que explicalo ao Goberno municipal. É imperdoable nun documento que se supón que é o máis importante para o desenvolvemento futuro de Trazo e dos seus veciños”. Un feito que resulta aínda máis grave despois do demoledor informe en contra do Plan Xeral de Trazo emitido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. “Despois dun informe no que se di que practicamente non hai nada ben feito, que se establecen categorías que non existen ou que se utiliza como base leis derrogadas hai anos, pensamos que o mínimo é pedirlle unha explicación ao equipo redactor do PXOM”, denuncia Domínguez Siaba.

Graves eivas do PXOM
Os socialistas recordaron as grandes eivas detectadas pola Xunta de Galicia (VER ARQUIVO ADXUNTO) no PXOM de Trazo en xaneiro de 2014. De feito, critican que o alcalde de Trazo non aclarou en ningún momento se estas esixencias da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas foran corrixidas, algo que os socialistas poñen en dúbida polo pouco tempo transcorrido entre o informe e a aprobación inicial do PXOM polo pleno municipal.

Domínguez Siaba lembra que “o informe da Xunta dicía que non se xustificaba que se duplicase o número de vivendas, que non había un estudo de viabilidade para o parque empresarial e que a cualificación de todos os asentamentos existentes en Trazo era difusa... incluso se denunciaba que se incluían bens patrimoniais que non era do noso concello ou que o plan inclúe datos contraditorios”. De feito, o informe especifica que o PXOM contabiliza 2.359 vivendas posibles, cando o número de vivendas actual é de 1.271 (1.382 segundo o PXOM) e cando Trazo “sufriu un constante descenso de habitantes nos últimos 25 anos”.

Ademais, o informe da Xunta bota atrás o PXOM tracense por erros tan graves como:

- parte dos terreos clasificados como solo urbano polo actual PXOM (o que está en vigor, no o actual) non reúnen as condicións establecidas pola Lei, polo que deberá ser revisada a súa clasificación no novo PXOM

- a ampliación de solo urbano no novo PXOM non é correcta ao non estar eses terreos integrados na malla urbana

- non é adecuada a consideración como tipo común dos terreos de ata 32 núcleos rurais, os máis importantes do municipio. Ademais, non se axustan ás pautas establecidas pola Lei.

- tampouco é correcta a delimitación dos núcleos rurais histórico-tradicionais de ata 8 localidades

- non outorga a categoría de solo rústico de protección paisaxística a ámbitos nos que se identifican fitos paisaxísticos, incluso á parte da beira do Tambre, que xa ten esta categoría no plan vixente

- discrepancias entre os mesmos datos segundo as táboas nas que se empreguen, ausencia de numerosa documentación e inclusión de referencias a leis xa derrogadas (como a Lei 7/1997 ou a Lei 4/1994

- inclusión de elementos que non corresponden ao Concello de Trazo ou de categorías de solo que non existen na Lei

- a Xunta mesmo chega a constatar que “o expresado no artigo 5.2.6.3 da normativa carece de sentido”

Do lado dos veciños

Ante esta situación, o PSOE de Trazo anuncia que seguirá traballando por que Trazo “conte cun verdadeiro PXOM, que pense no progreso e no futuro dos veciños e veciñas de Trazo e non se faga mirando cara atrás e segundo o antollo do señor Dafonte”. Por iso, anuncian que traballarán na presentación de alegacións durante as semanas de exposición pública do PXOM e que se porán en contacto cos veciños e veciñas para colaborar en todo o que sexa posible.

“É importante que os veciños e veciñas de Trazo se acheguen a coñecer este PXOM, xa que el marcará o futuro do noso pobo e agardamos que o señor alcalde teña a decencia de poñer a disposición dos veciños toda a información e o asesoramento técnico que nos negou aos socialistas durante a fase de tramitación”, apunta Beatriz Domínguez. De feito, os socialistas non descartan cambiar no futuro o sentido do seu voto, sempre que na fase de tramitación se informe á veciñanza e sexan aceptadas as alegacións que se presenten para o enriquecemento do PXOM.

Touro - Francisco Rodeiro de Touro campeón de España de perros de rastro modalidad jabalí

Francisco Rodeiro, de Touro, con su perro Chop, campeón de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí

Los tres primeros clasificados hoy en el XXII Campeonato de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí disputado en el Concello de Touro son gallegos

El montero de Touro, Francisco Rodeiro Eiras, y su sabueso Chop se proclamaron esta tarde ganadores del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí que se disputó en el Concello de Touro, organizado por la Real Federación Española de Caza en colaboración con el Concello de Touro. El segundo clasificado, también natural de Touro, fue Manuel Rodeiro Louzao, con el perro Rato. El tercer puesto fue para Iván Fernández Pereira, de Cervantes, que compitió con su sabueso Turé. Los tres primeros clasificados del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí son gallegos. El campeón y subcampeón, padre e hijo, son de Touro.

Más trescientas personas acompañaron a los deportistas en el campo de pruebas durante toda la mañana. La lluvia, que apareció levemente en alguna ocasión, no consiguió deslucir el XXII Campeonato de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí. Los organizadores calificaron la cita como “muy exitosa” tanto por el nivel de los participantes como por el público procedente de toda España que acudió a Touro amantes del mundo del rastro con perro atraillado. Los seis primeros clasificados estuvieron por encima de los 200 puntos. “Es la clasificación más apretada de los últimos años”, según los organizadores.

35 monteros con sus perros llegaron en torno a las 10.00 horas al campo de competición. La prueba inicial, que finalizó pasadas las 12.00, sirvió para seleccionar a los diez mejores. En esa primera ronda se situó en primer puesto Francisco Rodeiro Eiras, con su perro Chop. En segundo lugar se situó Manuel Rodeiro Louzao, también de Touro. El tercer puesto lo ocupó Iván Fernández Pereira. El actual campeón de España de la modalidad, el asturiano Casimiro González y su perro Jasp, se situaron en séptimo lugar. La clasificación de los tres primeros no varió luego en la fase final. Ellos coparon los tres primeros puestos.

Touro fue durante este sábado el centro de atracción de los aficionados al rastro en modalidad de jabalí. Se dieron cita los mejores competidores. Llegaron de Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias y Castilla-León. Los participantes, tras la competición, participaron en la comida de Clausura del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro. Fue en torno a las 15.00 horas en Casa Taboada de Loxo. Y a las 18.00 horas tuvo lugar la entrega de trofeos. Muchos de los asistentes comenzaron a esa hora el viaje de vuelta a sus casas tras una jornada intensa.

Axenda e tempo do sábado 19 de xullo - Festas, discos, exposicións, talleres

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Actividades e Festas do Apóstolo

Tarde de teatro
Entrada libre. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
18:00 h Praza das Praterías
Pista Catro Caír (público familiar)

19.30 h Salón Teatro
Elefante Elegante
Aurora (Teatro e audiovisual, para público familiar, +de 3 anos. Estrea en Santiago)

21.00 h Atardecer no Gaiás Entrada libre
De Nauters

21.00 h Praza da Quintana Entrada libre
Xornada de Folclore Galego
Brincadeira (Santiago) / Cantigas e Agarimos (Santiago)
Colexiata do Sar (Santiago) / Donaire (A Coruña)

22.30 h Orquestras na Alameda
Ipanema

Santiago - Cafe Embora - feria del disco y actuación de surf

Santiago - Taller de horno solar

Santiago - vive o verán

Ames - Romería de Ames Novo


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ames - Festas en Bugallido

Os veciños/as da parroquia de Bugallido celebran este domingo, 20 de xullo, as festas na honra da Virxe do Carme

A parroquia amiense de Bugallido celebra durante este domingo, 20 de xullo, as festas na honra daVirxe do Carme. Aínda que esta celebración foi o pasado 16 de xullo, na parroquia de Bugallido celebran esta festa o primeiro domingo despois do día do Carme. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Ciudad Cristal, mentres que para a verbena da noite contarase coa actuación da orquestra Poceiro. Haberá misa ás 10:00 h e ás 13:00 horas. 

Durante o verán a maior parte das parroquias amienses celebran as súas festas patronais. Nesta ocasión os veciños e veciñas da parroquia de Bugallido celebran as festas na honra da Virxe do Carme. Os actos festivos desenvolveranse este domingo, 20 de xullo.

A celebración comezará ao mediodía coa sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Ciudad Cristal. Á noite a verbena correrá a cargo da orquestra Poceiro. Haberá actos litúrxicos ás 10:00 h e ás 13:00 horas na honra da Virxe do Carme. Ademais, varios rapaces e rapazas desta parroquia celebrarán este domingo a súa primeira comuñón.

Psoe Ames - Moción sobre o mantemento dos rexistros civís

Moción que presenta o Grupo Socialista do Concello de Ames sobre a defensa dos rexistros civís e en contra da privatización do servizo 
De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Ames desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Goberno que preside Mariano Rajoy vén de aprobar no Consello de Ministros do pasado venres día 4 de xullo o “Real Decreto Ley 8/2014 de Aprobación de Medidas Urgentes para el Crecimiento, la Competitividad y la Eficiencia”, o cal xa foi publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) ao día seguinte. Este Real Decreto, entre outras medidas de interese como a regulación dos horarios e a apertura nos comercios, os límites as taxas nos pagos en comercios con tarxetas de crédito, a privatización de AENA e as tarifas aeroportuarias, a liberación dos prezos enerxéticos, a regulación dos drones, etc. tamén regula a competencia do Rexistro Civil, que pasará a ser responsabilidade dos rexistradores que teñan ao seu cargo as oficinas do Rexistro Mercantil.

Ata o de agora a expedición de certificacións rexistrais realizábanse na súa maioría de maneira directa nas dependencias dos Rexistros Civís ou nos Xulgados de Paz nas propias localidades; no caso de Ames estamos a falar de máis de 5000 certificacións ao ano, as cales se realizan dependencias do Xulgado de Paz amienses, é dicir o servizo préstase de xeito directo e inmediato (agás aquelas que precisan ser apostiladas polo Tribuna Superior de Xustiza, ou aquelas outras que se estenden sobre documentos doutros países). 

Ademais o Real Decreto 8/2014 establece na súa Disposición adicional décimo novena sobre a Prórroga da entrada en vigor da Ley 20/2011, que regula o Rexistro Civil, que a data límite para a aplicación do disposto será o día 15 de xullo de 2015. Polo que tras a decisión por parte do goberno de Mariano Rajoy de entregarlle o Rexistro Civil aos Rexistradores Mercantís supón que os cidadáns do concello de Ames, ao igual que o da maioría dos concellos, terán que desprazarse a unha cidade na que exista Rexistro Mercantil para realizar os trámites relativos aos expedientes rexistrais ou outra certificación que precisen, o cal ocasionará outro trastorno e dificultade a maiores para os e as cidadás, aos que cada día se lle infrinxen máis castigos por parte do goberno do Partido Popular poñéndolle constantes trabas e obstáculos para poder achegarse á administración. Está claro que o Goberno de presidente Rajoy e o ministro Gallardón con esta modificación só conseguen afastar un servizo público da sociedade e crearlle un custe adicional aos cidadáns.


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE AMES

Este é un paso para a privatización do Rexistro Civil, posto que os Rexistradores Mercantís, a pesares de ser funcionarios públicos actúan como empresas privadas, xa que os seus ingresos non proceden dos Presupostos Xerais do Estado, senón dos aranceis que lle cobran aos seus clientes, e polo tanto son a todos os efectos empresas privadas que ademais actúan como tales. A Disposición Adicional vixésimo segunda di que se creará unha “Corporación de Derecho Público”, a encargada da contratación, xestión, mantemento, conservación e actualización do sistema informático que xestionará e almacenará os datos de todas as oficinas do Rexistro Civil. Esta “Corporación de Derecho Público” terá personalidade xurídica propia e plena capacidade xurídica para o cumprimento dos seus fins, e estará formada polos rexistradores que en cada momento resulten responsables da levanza dos Rexistros Civís e Mercantís. Polo que, os datos de millóns de persoas se poñerán en mans de empresas privadas que se encargarán de xestionalos e custodialos

A este entorpecemento e privatización do servizo hai que engadir os miles de postos de traballo que se destruirán, xa que os sindicatos denuncian a incerteza dos 2.500 funcionarios que traballan nos Rexistros Civís de toda España, aos que hai que sumar o risco que no emprego para outros 2.500 interinos que traballan nos xulgados e tribunais.

En definitiva, o Real Decreto 8/2014 supón a defunción do servizo público que era o Rexistro Civil, e a partir de agora un acto como inscribir un nacemento, unha defunción, un matrimonio, unha separación, un divorcio ou cambiar o nome e os apelidos vai a significar un novo atranco para a cidadanía por culpa dun goberno que só pretende destruír e rematar co servizo público da xustiza. Porque a esta decisión hai que sumarlle as desgraciadas medidas da Lei de Taxas e os recortes na Xustiza Gratuíta coa cal se impedía o acceso a centos de miles de persoas ao sistema xudicial, ademais de crear unha desigualdade ao convertela nunha xustiza para ricos. E posteriormente coa Lei Orgánica do Poder Xudicial que arrasará coa xustiza de proximidade e destruirá numerosos edificios xudiciais.

Pero o peor de todo é que esta modificación dos Rexistros Civís se agache nun Real Decreto Lei de 170 páxinas, no que se abordan cuestións que afectan a oito ministerios, e que a parte sobre a privatización dos Rexistros apareza tan unicamente en seis disposicións adicionais e unha final, y só en seis parágrafos da exposición de motivos que ten una extensión de 30 páxinas; ademais de orixinar as protestas, non só dos grupos políticos da oposición, senón tamén de sindicatos, colectivos de xuíces e secretarios xudiciais e incluso do propio Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís porque foi imposto sen ningún diálogo nin negociación.

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE AMES


Por todo o anteriormente exposto é polo que


SOLICITAMOS

1. Instar ao Goberno de España a que elimine as Disposicións Adicionais décimo novena, vixésima, vixésimo primeira, vixésimo segunda, vixésimo terceira, vixésimo cuarta e a Disposición Final 8 do “Real Decreto Ley 8/2014 de Aprobación de Medidas Urgentes para el Crecimiento, la Competitividad y la Eficiencia” pola que se modifica a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil.

2. Dar traslado do presente acordo a todos os grupos con representación no Congreso do Deputados.

Ordes - Inversión na estrada de Beán

O Concello de Ordes inviste máis de 20.000 euros no arranxo da estrada principal de Beán

Máis de 20.000 euros é a cantidade investida polo Concello de Ordes para o arranxo do tramo da estrada principal que transcurre pola parroquia de Beán. Un tramo de 800 metros no que nos últimos días están a realizar labores de rebacheado e colocación dunha placa asfáltica superficial para facilitar o tráfico rodado de vehículos e maquinaria agrícola.

Ademais destes cometidos o proxecto, incluido no POS 2014, tamén contempla a limpeza e acondicionado de cunetas, onde se eliminaran a maleza, prantas e calquer elemento do tipo que sexa e que poida entorpecer a visibilidade dos conductores.

Non é esta a única intervención prevista polo Concello nesta zona, xa que tamén se está ultimando o proxecto no que se inclúe o arranxo das pistas que dan acceso a Nouche e Fonte da Viña. “Unha obra que xa se quiso incluir no POS actual pero que por falta de presuposto non puido executarse, así que se fará antes de que remate o ano a través dun proxecto especial levado a cabo dende o Concello”, manifestou o concelleiro de Urbanismo Roberto González.

A Baña - Comeza a reforma da Praza do Concello

A Baña inicia la reforma de la Plaza del Concello 
La renovación de las calles Castelao, Rosalía de Castro y plaza de Concello estará lista en agosto

Este semana comenzaron en San Vicenzo de A Baña las obras de reforma de la Plaza del Concello, donde está ubicada la sede del Concello de A Baña. El proyecto de humanización, junto con las mejora de las calles Castelao y Rosalía de Castro, estará listo en agosto.

El proyecto de humanización de las calles Castelao, Rosalía de Castro y la plaza do Concello cuenta con un presupuesto de 240.000 euros. Las obras de la reforma de la Plaza del Concello comenzaron esta misma semana. Por su parte, ya pueden apreciarse cambios en la renovación de las aceras de las calles Castelao y Rosalía de Castro, cuya renovación está casi finalizada. Los operarios y maquinaria de la empresa encargada de acometer el proyecto (Oviga) llevan casi tres meses trabajando en el núcleo urbano de la capital de A Baña.

Las obras afectan a un kilómetro de calles. La Deputación de A Coruña asumirá una inversión de 191.000. El resto (casi 48.000 euros) serán afrontados por el Concello de A Baña. El total de la inversión suma 240.000 euros. Las calles Castelao y Rosalía de Castro así como la Plaza del Concello eran propiedad de la Administración autonómica hasta que, con la apertura de las nuevas vías de comunicación, se acometió su desafección. Y pasaron a ser propiedad del Concello de A Baña. En estas infraestructuras no se acometió ninguna mejora en los últimos treinta años.

La ‘humanización’ del casco urbano de A Baña será a fondo. Las obras incluyen una reforma de las aceras, construcción de arquetas y nuevas acometidas a ambos lados de la calzada con tuberías de PVC. Las calles y la plaza contarán con nuevo mobiliario urbano, con luminarias de farola y con nueva señalización para peatones.

Ames - Posta en marcha do obradoiro de emprego "Entre Ríos"

O Concello de Ames recibe unha axuda de preto de 200.000 euros da Consellería de Traballo para poñer en marcha o obradoiro de emprego “Entre Ríos”

A través desta iniciativa, que permitirá desenvolver actividades auxiliares en conservación e mellora do monte, un total de 27 persoas (22 alumnos/as traballadores/as, que se formarán como peóns forestais, e 5 profesores/as, que compoñerán o equipo directivo) disporán de emprego durante un período de 6 meses.

Este venres, 18 de xullo, pola mañá comezou na Oficina de emprego de Ordes o deseño da fase de entrevistas, para seleccionar o persoal que participará neste obradoiro. A fase de selección comezará nos vindeiros días.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao Concello de Ames a resolución de concesión dunha subvención por valor de 195.435,24 euros para poñer en marcha, en colaboración co concello de Brión, o obradoiro de emprego denominado “Entre Ríos”. A través desta iniciativa, que permitirá desenvolver actividades auxiliares en conservación e mellora do monte, un total de 27 persoas (22 alumnos/as traballadores/as, que se formarán como peóns forestais, e 5 profesores/as, que compoñerán o equipo directivo) disporán de emprego durante un período de 6 meses. Este venres, 18 de xullo, pola mañá comezou na Oficina de emprego de Ordes o deseño da fase de entrevistas, para seleccionar o persoal que participará neste obradoiro. A fase de selección comezará nos vindeiros días.

O Concello de Ames e o Concello de Brión porán en marcha, de xeito conxunto, un novo obradoiro de emprego que se denomina “Entre Ríos”. Para o desenvolvemento deste obradoiro contarase cunha axuda da Consellería de Traballo e Benestar de 195.435,24 euros. Deste programa poderán beneficiarse un total de 27 persoas, que disporán dun posto de traballo durante seis meses. Neste período os 22 alumnos/as traballadores/asespecializarase en actividades auxiliares en conservación e mellora do monte. Ademais, o equipo directivo estará composto por 5 profesores/as.

Este venres, 18 de xullo, pola mañá comezou na Oficina de emprego de Ordes o deseño da fase de entrevistas, para seleccionar o persoal que participará neste obradoiro. A fase de selección comezará nos vindeiros días. As persoas interesadas en participar neste programa teñen que anotarse a través das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, sinalando que desexan participar nesta acción formativa de inserción laboral.

O concelleiro de Traballo, Bernardo Moar, explicou que “o obradoiro de emprego Entre Ríos ten como obxectivo que ao seu remate, os participantes melloren as súas posibilidades de inserción por conta allea o propia coa consecución dunha cualificación profesional nunha ocupación que capacita para traballar, a través da obtención do certificado de profesionalidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

Formación teórica e práctica
A través deste programa preténdese que os participantes obteñan un certificado de profesionalidade de nivel 1. As accións formativas deste obradoiro de emprego desenvolveranse principalmente nas dependencias do Centro de Formación Ocupacional, que o Concello de Ames ten en Aldea Nova. A formación estará dividida en dúas partes (teórica e práctica) nas que se completarán un total de 960 horas.

Na parte teórica o alumnado formaranse en actividades auxiliares en conservación e mellora do montes. Deste xeito, impartiranse nocións sobre as operación auxiliares de repoboación, corrección hidrolóxica e mantemento de infraestruturas forestais (392 horas); operacións auxiliares en tratamentos silvícolas (210 horas); e operacións auxiliares no control de axentes causantes de pragas e de enfermidades de plantas forestais (80 horas). Ademais, haberá unha formación complementaria de 130 horas de duración en alfabetización dixital; sensibilización ambiental; formación para a igualdade; prevención de riscos laborais; e orientación, información profesional e formación empresarial.

Actuacións nos concellos de Ames e Brión
As prácticas laborais realizaranse en obras e actuacións nos concellos de Ames e Brión, que pretenden mellorar as condicións naturais da vexetación de ribeira, favorecendo os procesos de rexeneración natural, preservando dunha maneira sostible os ecosistemas de ribeira do río Sar. Ademais, acondicionarán as pistas forestais e as sendas que valorizan o atractivo turístico relacionado co medio.

Deste xeito, as actuación que realizarán serán a preservación dos ecosistemas da ribeira do Sar (acondicionamento e sinalización de camiños); acondicionamento e sinalización da ruta de Piñeiro; acondicionamento de Riamonte (pozo e pistas); actuacións silvícolas nos lugares de Mercuto e Lapido (Ames) e de Saíme e Salaño (Brión); creación de faixas secundarias contra os incendios en Mercuto; acondicionamento de varias rutas de sendeirismo de Ames (ruta do río Sar) e do concello de Brión (Castro Lupario, dos Ánxeles, da carballeira de Santa Minia, dos muíños e cruceiros de Viceso e de Luaña).

Axenda e tempo do venres 19 de xullo - Música, festas, exposicións

Corte de tráfico 

Por mor dunhas obras de canalización que Unión Fenosa ten que facer na rúa de Amio, esta estará cortada á circulación desde hoxe e durante 20 días. Permitirase o paso aos residentes.

Actividades 

Festas do Apóstolo

Pasarrúas
21.00 h Atardecer no Gaiás Entrada libre
Orquestra de Cámara Galega
23.00 h Pazo de Raxoi
Pregón desde os balcóns a cargo de Iván Raña, Campión do mundo de triatlón
23.30 h Praza do Obradoiro Entrada libre
Gallaecia Big Band Gallaecia All Star
Coas voces de Sito Sedes, Paty Lesta, Sergio Zearreta e Luis Iglesias

Negreira - Bar  O Cotón  - festa ibizenca

Santiago - vive o verán


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Xente de Rois - denuncia do mal estda da Fonte do cruceiro

A ASOCIACIÓN CÍVICA XENTE DE ROIS DENUNCIA O MAL ESTADO DA FONTE DO CRUCEIRO

O estado actual da fonte situada na aldea do Cruceiro, na parroquia de Seira, é lamentable. Aí atrás, había o picho e decidiuse facer unha fonte con pedra e escaleiras e todo. En Xente de Rois preguntámonos, ¿para que un gasto deste tipo se despois non se fai un mantemento axeitado? De feito, os veciños que van á fonte do Cruceiro non poden acceder ao picho sen mollar os pés. A auga non baleira ben e, amais, a vexetación empeza a disimular as paredes de pedra. Esta é, sen dúbida, unha mostra máis do abandono xeneralizado que se padece hoxe no concello de Rois.

Touro - XXII Campeonato nacional de perros de rastro modalidad jabalí

Touro acoge este sábado (19 de julio) el XXII Campeonato de España de Perros de Rastro Modalidad Jabalí

Participantes de Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturas y Castilla-León llegan hoy viernes a Touro para participar en la prueba organizada por la Real Federación Española de Caza

El Concello de Touro será sede este sábado (19 de julio de 2014) del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro (Modalidad Jabalí). La prueba está organizada por la Real Federación Española de Caza (RFEC) y por el Consejo Superior de Deportes y patrocinada por el Concello de Touro.

Touro acogerá a los participantes previamente clasificados en sus correspondientes campeonatos autonómicos. Y que conforman las respectivas selecciones autonómicas de una de las modalidades más espectaculares dentro del mundo del perro de rastro. Habrá participantes de Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias y Castilla-León. “No norte de España é onde está máis arraigada esta modalidade de rastreo”, explica Manuel Martínez Casal, director de la prueba del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro. “Será unha proba con un elevado nivel”.

Mañana viernes, 18 de julio, comenzarán a llegar los participantes a Touro. Serán recibidos por la organización y se procederá a la formación del comité de competición y elección de los dos delegados técnicos. También se presentará la documentación, se entregarán los dorsales, se sortearán los campos y los turnos de participación en la prueba del día siguiente.

El día de competicións será el sábado, 19 de julio. Los participantes se concentrarán en el Restaurante Casa Taboada de Loxo (Touro) a las 8.00 horas. A las 9.45 horas saldrán hacia los campos. Y a las 10.15 horas está previsto que comience la prueba. La final está programada para las 13.30 horas. La comida de Clausura del XXII Campeonato de España de Perros de Rastro será a las 15.00 horas en Loxo. Y a las 17.00 horas está prevista la entrega de trofeos.

La RFEC, en colaboración con el Concello de Touro y la Sociedad Unión Interparroquial de Caza de Touro, serán los encargados de la organización de la prueba. Los organizadores esperan que el campeonato atraiga a Touro a un buen número de amantes del mundo del rastro, con perro atraillado. Esta modalidad cinegético deportiva, muy arraigada en el norte y noroeste peninsular, cuenta con auténticos especialistas. El fundamental el binomio montero-perro. La modalidad jabalí “é un espectáculo para disfrutar do deporte en plena natureza”, según explican los organizadores.

Teo - O concello recepciona a obra de ampliacion da etap de Pontevea

O concello de Teo recepciona a obra de ampliación da etap de Pontevea 
Trátase dunha mellora que soluciona os problemas de turbidez e fluxo de auga padecidos nos últimos anos polos veciños e veciñas 

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o concelleiro de Urbanismo, Rafael Sisto, visitaban a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pontevea, para formalizar a recepción parcial da citada obra. Deste xeito péchase un longo proceso que virá a solucionar os problemas de turbidez e fluxo de auga padecidos nos últimos anos pola veciñanza teense. 

A solución a esta problemática converteuse nun dos retos do goberno teense nos últimos exercicios e neste momento é unha realidade a infraestrutura que garante un subministro suficiente para as necesidades do Concello para os próximos anos. A instalación quedara infradimensionada para asumir o medre de poboación teense dos últimos anos. A satisfacción do rexedor Martiño Noriega “resulta evidente xa que levábamos moito tempo traballando para que esto fose unha realidade e se solucionara este problema que afectaba a unha cuestión básica para a cidadanía”.

Esta obra tivo un orzamento de licitación de preto dun millón de euros e un período de execución dun ano, xa que comezaba no verán pasado e aínda faltan algunhas semanas para o seu remate definitivo. O importe de adxudicación á empresa Espina Obras Hidráulicas finalmente foi de 752.092 euros e foi cofinanciada por Augas de Galicia a través dos fondos europeos FEDER, da Deputación da Coruña a través do Plan DTC 93 e con fondos propios do Concello de Teo. 

Durante a visita pola planta o responsable técnico da obra explicou as características da ampliación destacando que “o único que queda de antes é o edificio, todo o resto é novo”. O proxecto supuxo a substitución das bombas actuais para pasar a dúas bombas que garante un fluxo total de 100 l/s, así como a tubaxe de impulsión e o colector xeral de impulsión coas súas respectivas válvulas de comporta e retención, entre outras actuacións.

Un dos elementos centrais desta obra é a implantación dun decantador lamelar no proceso de tratamento para unha capacidade de 100l/s, así como unha cámara de auga tratada con sala de bombas que alimente a etapa de filtración. Instalouse unha liña de filtración igual á existente, duplicando a capacidade que tiña a pranta. Neste momento entrarán en funcionamento os dous filtros novos e nas próximas semanas sustituriranse os dous que funcionaban ata o momento quedando a liña de filtración completa con cos catro filtros novos. Ademais, levouse a cabo a automatización no proceso de tratamento de potabilización, así como a incorporación de turbidímetro de auga bruta e tratada, medidor de PH e de cloro residual.

Ames - A Xunta xa conta coa licencia de construcción para a nova escola infantil de Bertamiráns

A Xunta de Galicia xa conta coa licencia de construción para o inicio da nova escola infantil de Bertamiráns

O Concello terá que notificarlle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, que xa dispón da correspondente autorización para poder comezar cos traballos de execución da nova escola infantil que se construíra na rúa do Muíño, en Bertamiráns.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “a Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a concesión da licenza de construción da nova escola infantil de Bertamiráns, polo que se dá vía libre para comezar as obras de execución”.

A nova escola infantil de Bertamiráns contará cun total de 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, distribuídas en 6 unidades, o que permitirá elevar a oferta ata as 184 prazas na rede A Galiña Azul do concello.

Este xoves, 17 de xullo, a Xunta de Goberno Local concedeu a licencia de construción para poder comezar coas obras da nova escola infantil de Bertamiráns. Agora, haberá que notificarlle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, que xa dispón da correspondente autorización para poder comezar cos traballos de execución da nova escola infantil que se construíra na rúa do Muíño, en Bertamiráns. Esta infraestrutura, que estará situada nunha parcela de 3.389 metros cadrados próxima ao paseo fluvial, contará con 6 unidades e 82 prazas.

O proceso de tramitación da nova escola infantil de Bertamiráns está a piques de finalizar. A Xunta de Goberno Local acaba de conceder a licencia de construción para que a Xunta de Galicia poida comezar coas obras de execución desta nova infraestrutura. Nos vindeiros días o Concello de Ames notificaralle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que xa dispón da licencia de construción para poder comezar coas obras.

Esta infraestrutura estará situada na rúa do Muíño, que se atopa preto do paseo fluvial de Bertamiráns. O importe de execución desta obra ascende a contía de 735.198,54 euros. Segundo se establece no convenio de construción da escola infantil, o Consorcio achegará o 60% do seu custo total e o Concello o 40%. 

No proxecto básico de execución detállase que a nova escola infantil está deseñada en planta baixa. Disporá de dúas zonas diferenciadas que estarán unidas a través dun vestíbulo, que servirá de zona de xogos e de enlace entre as dúas zonas. Na zona sur estarán situadas as 6 aulas das que disporá esta escola, mentres na zona norte haberá unha sala de usos múltiples; unha zona de servizos con cociña, vestiarios e aseos; unha sala de profesores/as; e un despacho para a dirección do centro.

82 prazas para nenos/as de 0 a 3 anos

A nova escola infantil de Bertamiráns contará cun total de 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, distribuídas en 6 unidades, o que permitirá elevar a oferta ata as 184 prazas na rede A Galiña Azul do concello e, polo tanto, suporá un incremento do 80 por cento con respecto ás que existen actualmente. Haberá 2 aulas para nenos/as e 0 a 1 anos, 2 aulas para nenos/as de 1 a 2 anos; e outras 2 aulas para nenos/as de 2 a 3 anos. As aulas do alumnado de 0 a 1 anos teñen unha superficie de 22 metros cadrados; as unidades de 1 a 2 anos ocupan 30 metros cadrados; e as aulas de 2 a 3 anos teñen unhas dimensións de 36 metros cadrados. 

Esta infraestrutura estará situada nunha parcela de 3.389 metros cadrados. A superficie construída da escola é de 514,70 metros cadrados, mentres que a superficie ocupada polos porches ascende a 107,75 metros cadrados. Cómpre destacar que o Concello solicitaralle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que a superficie sobrante da parcela cedida para a construción desta infraestrutura reverta outra ven no Concello. Deste xeito, os metros sobrantes poderanse empregar para a construcións doutras infraestruturas municipais que sexan de utilidade para a veciñanza amiense.


Sinatura do convenio
No pasado mes de xaneiro o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinaron un convenio para a construción en Bertamiráns desta segunda escola infantil. A sinatura deste convenio foi aprobada polo Pleno de Ames en decembro de 2013 coa introdución dun voto particular acordado por toda a corporación municipal. Este texto recolle que a xestión da escola será pública, que contará cun mínimo de 6 unidades e 82 prazas, que o máximo anual correspondente ao Concello non poderá ser modificado unilateralmente polo Consorcio. 

O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “a Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a concesión da licenza de construción da nova escola infantil de Bertamiráns, polo que se dá vía libre para comezar as obras de execución”. O rexedor municipal tamén destacou “que se trata dunha infraestrutura moi importante para Ames, xa que permitirá que Bertamiráns conte cunha segunda escola infantil que virá a cubrir as necesidades da cidadanía deste núcleo. Ames ten unhas características moi particulares e está en constate crecemento. O pasado ano superamos os 30.000 habitantes e producíronse máis de 340 nacementos”.

PP Ordes - O concello segue sen arranxar as pistas de Bean

O Concello de Ordes fai caso omiso das reiteradas peticións de arranxo de varias pistas na parroquia de Bean 
· No Pleno de maio, o PP formulou cadanseu rogo para instar ao Concello a subsanar as deficiencias en Nouche e Fonte da Viña, aos que o equipo de Goberno respondeu afirmando que os tomaba en consideración, pero sen mover un dedo desde entón

 Nin o mal estado do firme, nin as reiteradas peticións efectuadas no Pleno fan que o Concello de Ordes mova ficha para arranxar as fochancas e demais deficiencias que presenta a rede viaria municipal. 

Como exemplo do “pasotismo” do Concello de Ordes respecto ás necesidades dos veciños, o Partido Popular recorda que no Pleno do pasado mes de maio, formulou dous rogos para instar ao Executivo local a arranxar as deficiencias que presentan as pistas que dan acceso aos núcleos de Nouche e Fonte da Viña, na parroquia de Bean. No primeiro caso, a tenente de alcalde afirmou que a fochanca xa fora arranxada (tal arranxo non se vislumbra por ningures á vista da imaxe), pero que non obstante tomaban a petición en consideración, ao igual que o rogo para actuar no vial de Fonte da Viña.

Sen embargo, dous meses despois, as pistas presentan o mesmo estado, con fochancas, fendas no firme e pedras soltas que dificultan a circulación e poñen en risco a integridade dos vehículos. O sucedido en Bean pode extrapolarse a calquera outra parroquia do Concello.

Menos servizos, pero moitos máis impostos municipais 

A deixadez do Concello respecto ás necesidades de mantemento que presentan a totalidade dos equipamentos de titularidade municipal en Ordes contrasta coa subida de impostos impulsada polo Concello desde que Manuel Regos accedeu á Alcaldía. Os impostos que os veciños de Ordes pagan ao Concello meraron un 56,63% desde 2007, ao pasar dunha media de 226,88 €/veciño en 2007 a 355,36 €/habitante en 2013, mentres que a débeda se sitúa en 581,41 €/habitante. “Soben os impostos e baixan os servizos que recibimos os veciños para poder pagar a débeda millonaria xerada por Regos para pagar caprichos que non serven para nada”, afirma José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes.

Neste contexto, o investimento municipal medio por habitante sufriu unha caída espectacular, ao pasar de 338 euros no ano 2009, a tan só 141 €/habitante en 2013, o que explica a falta de mantemento que presentan as pistas da totalidade das parroquias de municipio. “Na práctica, os maiores investimentos que benefician aos veciños de Ordes este ano corresponden ás axudas procedentes da Xunta e da Deputación, gobernadas polo PP e que no seu conxunto superan os 820.000 euros en 2014”, conclúe Martínez Sanjurjo.

BNG Ames - Celebración conxunta do Día da Patria Galega

Celebración conxunta do Día da Patria en Ames
· O BNG de Ames, A Baña, Brión, Rois e Val do Dubra celebran conxuntamente o Día da Patria cun acto aberto á cidadanía.
· A celebración será hoxe no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Como é tradicional, o BNG celebrará en Ames o Día da Patria Galega cun acto público aberto á cidadanía, que contará coa presenza da deputada no Parlamento galego Ana Pontón. A novidade este ano será a celebración conxunta organizada polo BNG de cinco concellos limítrofes: Ames, A Baña, Brión, Rois e Val do Dubra. Xunto co acto político haberá unha actuación musical, espazo infantil co contacontos Anxo Moure e uns petiscos para animar a participación e o diálogo. A cita é hoxe venres 18, a partir das 20.30 h no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Na celebración do Día da Patria, xunto cos actos tradicionais a nivel nacional como a manifestación do 25 de xullo e o Festigal en Compostela, o BNG organiza a nivel local actos festivos e reivindicativos, co obxecto de se achegar máis á cidadanía. Unha cidadanía que está a reclamar máis igualdade, democracia e dereitos, para o cal o BNG entende que a mellor ferramenta é a soberanía. 

Reclamar o dereito a decidir de Galiza non é só unha aspiración política, é unha necesidade para combater do mellor xeito o desemprego, a explotación no posto de traballo, a emigración e o empobrecemento que padecen milleiros de galegos e galegas. 

A soberanía é a mellor ferramenta para podermos conservar e mellorar os dereitos individuais e colectivos, e para afondar na democracia. Por iso cómpre que Galiza estea presente no debate aberto no Estado español en relación co recoñecemento dos dereitos nacionais dos pobos que o compoñen, co dereito a decidir.