Chéganos unha denuncia, unha vez máis relacionada co concelo de Trazo, na que se explica que o concello apropiuse dunha idea presentada e tempo en forma; a misión dos concellos debería ser colaborar cos veciños e máis ainda cando estes non buscan máis beneficio que o do común do pobo. Este e o relato dos feitos e para os que aportan abudantes probas:
![]() |
| Escrito no que se rexeita a idea |
O día 16 de marzo Paula Castiñeiras e Martín Rei,veciñxs de Trazo, e a produtora Terceira Idea (produtora da que participa o tamén veciño de Trazo Stefan Varela), presentaron no seu concello unha proposta debidamente estruturada para a organización dun concurso fotográfico co único propósito de promocionar esta afección entre os seus veciños e veciñas.
A proposta foilles denegada por falta de presuposto para a realización da mesma (300€ para premios e carteis, sen ningún beneficio para a organización) e recibiron unha contestación indicando que lles parecía moi boa idea pero que non se dispoñía no momento de partida orzamentaria suficiente para a realización da mesma.
No día de onte foi anunciada no Facebook do Concello de Trazo a organización dun concurso fotográfico (ligazón da nova https://www.facebook.com/concello.trazo/photos/a.870676239666723.1073741826.87067 6166333397/885597501507930/?type=1&theater ) ás costas da xente que tivo a idea, presentando ademais un concurso trapalleiro xa que o único criterio no concurso é a cantidade de “gústames”.
Isto non é nada novo, mais ben é unha práctica habitual do Alcalde José Dafonte Varela (PP) que aproveita calquera iniciativa por moi ben intencionada que sexa a mesma para facela propia e despois pedir o voto como xa ten sucedido coa organización dunha ruta de sendeirismo por parte da asociación Senda Nova (aquí podedes ver un pequeno comentario sobre o sucedido https://sendanova.wordpress.com/2013/05/18/aforzadasoniaporjosemanuelcanedo/ ) ou a iniciativa de Lucía Noia e Loli chamada “Creacontos”, un proxecto destinado a nenas e nenos que pretendía combinar teatro e creación de contos ao mesmo tempo que se fomentaba a lectura e se lle daba vida á actualmente en desuso biblioteca municipal, tamén denegada e usada dous meses despois como propia por parte do alcalde.
![]() |
| CARTEL DO CONCURSO ORGANIZADO POLO CONCELLO |
Hai uns meses Dafonte tivo un xuízo por falsidade documental no que puxo como escusa que non lee o que asina, quizais non le as propostas da veciñanza ou igual é que dentro dun mes hai eleccións e non ten ningunha actividade que vender.


Ningún comentario:
Publicar un comentario