Centro de Transfusión - o centro lembra a necesidade de doar antes da ponte do 12 de outubro

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN LEMBRA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE DO 12 DE OUTUBRO
·As pontes festivas soen, lamentablemente, coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico
A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas á ponte festiva do 12 de outubro en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.

Lamentablemente, os meses de verán, o Nadal e as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo dos vindeiros quince días, máis de 60 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos:

Luns 8 de outubro 
Carballo, Barrio Ventorrillo (A Coruña), Carballo, Praza Armas (Ferrol), Finsa e Praza Roja (Santiago), O Páramo, Láncara, Bande, Lobeira, Meaño, O Rosal e Barrio O Calvario (Vigo).

Martes 9 de outubro 
Carballo, Praza Conchiñas (A Coruña), IES Leixa e Praza de Armas (Ferrol), Xunta de Galicia-San Lázaro e F. Ciencias da Educación - Campus Norte (Santiago), Alcoa (Cervo), Lándrove (Viveiro), A Valenzá (Barbadás), Lalín, Ponteareas e IES Teis (Vigo).

Mércores 10 de outubro 
As Pontes, Barrio Novo Mesoiro e F. Dereito (A Coruña), IES Lamas de Abade (Santiago), Urbanización Os Tilos (Teo), Ribadeo, Xinzo de Limia, Lalín, Ponteareas e Tomiño.

Xoves 11 de outubro 
Arteixo, As Pontes, Boiro, Cambre, Cerceda, Abadín, Trabada, A Pontenova, Melón, IES A Carballeira (Ourense), Cangas do Morrazo, Tomiño e Cagas do Morrazo, Vilagarcía de Arousa.

Sábado 13 de outubro 
Boiro, Cambre, Neda, Burela, Cangas do Morrazo e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA(Santiago) 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol) 
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) 
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE(Ourense) 
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) 
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) 
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Salientar, ademais que no transcurso da pasada semana principiou a campaña de doazón de sangue en centros docentes non universitarios e universitarios, que continuará a desenvolverse ata finais do vindeiro mes de novembro. O obxectivo desta iniciativa pasado por incentivar a participación dos máis novos nas campañas de doazón de sangue.

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles:900 100 828

Ningún comentario: