Axenda 9 outubro - Santiago, tráfico, Frades, Brión, Centro de Transfusión


SANTIAGO
Martes 9
11.00 h
Na praza Roxa, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo do Día Mundial da Optometría. 
11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Xiana Carracelas e Iria Sobrado, do Colectivo As Churras, para presentar 'A Triloxía. Clitemnestra-Electra-As Furias' que estará na Zona "C" desde o 12 ata o 28 de outubro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar o Programa de cheques de consultoría Urbana Santiago Norte. 

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes no I Congreso ibérico de casas museo e fundacións de escritores. 

12.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presenta o Día da Familia, xunto con directivos do Santiago Futsal e membros de Xuntos Podemos. 

21.00 hNo Teatro Principal, Teatro Tascabile (Bérgamo) presenta 'Los habitantes de Arlequinia', Historias e contos das máscaras italianas de Claudia Contin dirixida por Ferruccio Merisi. Dentro do ciclo 'Teatro&Danza' e en colaboración coa Escola Internacional da Comicidade.

TRÁFICO

Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Con motivo da urbanización do polígono nº 4 das Fontiñas, é preciso cortar a entrada de vehículos á rúa Monte dos Postes desde a avenida de Rodríguez de Viguri os días 8 e 9 de outubro de 21.00 h a 6.00 h.
Os autobuses farán o cambio de sentido na rotonda do Camiño Francés coa avenida de Rodríguez de Viguri e a entrada á rúa Monte dos Postes realizarase pola rúa das Fontiñas ou polo Camiño Francés.

FRADES
Exposición no multiusos sobre cambio climático      +INFO

BRIÓN
Exposición de fotografía "Auga... como excusa"      +INFO

CENTRO TRANSFUSIÓN


F.CC. EDUCACIÓN C.NORTE(SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA ENTRADA PRINCIPAL
(AVENIDA XOÁN XXIII)
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00

XUNTA DE GALICIA - SAN LÁZARO (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL NO APARCADOIRO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
09:30 - 14:30


Ningún comentario: