SANTIAGO
Xoves 25
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, para presentar o Plan de intervención nos delitos contra a seguridade viaria.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
16.00 h
Na Escola Infantil Municipal das Fontiñas (rúa Londres, 12-14), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, xunto co conselleiro de Educación en funcións, Jesús Vázquez, asiste á presentación do Programa de dinamización lingüística familiar “Os Axóuxeres 2012”
17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de setembro de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 11 de outubro de 2012.
3. Aprobación inicial da modificación puntual da ordenanza municipal reguladora da publicidade e rotulación.
4. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, da ordenanza municipal de ocupación e uso da vía pública.
5. Expediente de modificación de créditos: adquisición de mobiliario urbano.
6. Designación de novos membros da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.
7. Dar conta de persoamentos e sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á gala de entrega dos Premios Gallegos del Año.
20.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Arch Enemy+Voivod+Titans Eve dentro do ciclo Compostela Rock.
20.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Vertixe Sonora Ensemble dentro das Xornadas de Música Contemporánea.
21.00 e 23.00 h
No Teatro Principal, Ángel Martín e Ricardo Castella presentan 'Nunca es tarde... para hacer tus sueños realidad' dentro do ciclo Falabaratos.
21.00 hNa Zona "C", Belén Gordillo 'Nenacaracol' presenta 'Contratiempos' dentro do ciclo Teatro&Danza e en colaboración coa Escola Internacional da Comicidade.
Santiago - fotografía de Tono Arias no Centro Sociocultural de Conxo ata o 11 de novembro +INFO
TRÁFICO - CORTES NO POLÍGONO DO TAMBRE O 26/27 E 28
Con motivo de obras de subministro eléctrico para o parque empresarial da Sionlla, os accesos e saídas do Polígono do Tambre pola SC-20 (autovía) e pola N-550 permanecerán cortados ao tráfico durante as noites das xornadas do 26, 27 e 28 de outubro.
Os horarios dos cortes serán os seguintes:
Noite do venres 26, dende as 22:00 h ata as 6:00 h do sábado 27.
Noite do sábado 27, dende as 19:00 h ata as 10:00 h do domingo 28.
Noite do domingo 28, dende as 19:00 h ata as 6:00 h do luns 29.
O acceso dos vehículos ao Polígono realizarase pola rúa do Tambre, e a saída por esta mesma rúa e pola rúa da Polleira, paralela ao cemiterio de Boisaca, excepto o autobús urbano, que accederá ao Polígono como de costume.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.
BRIÓN
Brión - exposición "Matinando" da Asociación Galega de Arte e Cultura +INFO
ORDES
ITV agrícola +INFO
TRANSFUSIÓN DE SANGUE
F. QUÍMICA (SANTIAGO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FACULTADE
(NA ENTRADA PRINCIPAL)
09:30 - 14:30
15:30 - 21:00
BERTAMIRÁNS(AMES)
UNIDADE MÓBIL NA AVENIDA DA MAHÍA, DIANTE DA PRAZA
15:30 - 21:00
COPAS
Garum Bistró (Santiago - San Roque) Tódolos xoves o que denominamos Garum Afterwork (cinco tapas, cinco elaboracións únicas para ese xoves que non se volverán a repetir, con maridaxe de cervexa artesana)
Ningún comentario:
Publicar un comentario