Dada a pasividade do goberno local (PP) e o tempo transcorrido coa piscina pechada, os grupos políticos muncipais PSdeG-PSOE, CIPa, PGD e BNG, solicitamos a convocatoria dun pleno extraordinario o 8.10.14, pleno que se celebraría o 24.10.14, acordando:cos votos a favor dos convocantes e a abstención do PP “Que en data non máis tarde do 1 de novembro se poña en funcionamento o servizo da piscina municipal de Padrón para desfrute dos veciños de Padrón e dos concellos veciños” e por unanimidade “Que se garantan os dereitos laborais dos traballadores da piscina e se proceda á incorporación dos mesmos aos seus postos unha vez rematado o ERTE que lles afecta”.
Ambos acordos incumpridos polo alcalde o grupo de goberno (PP) e a realidade é que os traballadores quedaron sen traballo e a deixadez, falla de interese do goberno local (PP) sitúanos 1 ano e mes despois dos acordos plenaios no mesmo punto de partida: piscina pechada o obras sen rematar.
As obras de mellora da piscina foran adxudicadas á UNIKA Proyectos y Obras, SL en 209.150,00 euros, finalizaron coa emisión da última certificación de obra, 4.11.14. Tamén traballarían na piscina Instalaciones Ducho, Carpintería Valdeza...
Neste intermedio, é certo que o goberno municipal licitou a piscina, pero non é menos certo que a piscina non podía entrar en funcionamento porque había “e hai” obras sen rematar, e a empresa adxudicataria de poñer en marcha a piscina non se fixo cargo da mesma.
Durante o mes de outubro representantes de varios grupos municipais, tivemos ocasión de ver as instalacións da piscina municipal e, comprobamos que a sítuación era peor que a da visita realizada no mes de xaneiro.
Transcurridos 1 ano 3 meses e 7 días desde o peche da piscina, 1 ano e 12 días do pleno anterior, e visto o estado de parálise do goberno, de falla de inciativas, de interese por solucionar os problemas dos veciños e a falla de execución das obras pendentes de realizar na piscina municipal, o día 6.11.15, os grupos municipais PSdeG-PSOE, PGD, AxP e CIPa volvemos a solicitar outro pleno extraordinario coas seguintes propostas:
1.- Apertura da piscina municipal o sábado, día 14, de novembro, para que os usuarios e veciños vexan o estado en que se atopan as instalacións.
2.- Informe, e explicación, das obras pendentes de realizar e materias que hai que mercar para poñer en funcionamento as instalacións da piscina.
3.-Cal é o importe das obras a realizar e materiais a mercar, así como a explicación de como se financiarán e os prazos estimados para as obras.
4.-Presentación dos pregos e do estudo de costes, con xestión propia e con empresa contratada ao efecto.
5.-Proposta de data e posta en funcionamento das instalacións da piscina municipal cuberta”
Transcurridos 7 días, o pleno aínda non se convocou e o día 14.11.15 a piscina non se abrirá, como se faría en caso de terse celebrado o pleno, para que todos poidamos ver en que estado se atopan as instalación, que non permiten a súa apertura inmediata.
O que si fixo o goberno local (PP), consciente de que terá que abrir a piscina para que todos poidamos ver o seu estado, foi de prisa e correndo buscar unhas empresas, todos podemos ver cales son, que acometan urxentemente unhas reparacións que desde o goberno municipal (PP) non hubo a vontade de inicar durante o último ano, e todo para dar a impresión de que fixeron algo, e algo están a facer “deixar aos traballadores de piscina sen traballo e enganar aos usuarios da piscina e a tódolos veciños”
Ningún comentario:
Publicar un comentario