Tras un exhausto traballo de revisión das actas de goberno local (previas e posteriores ás eleccións municipais) o equipo de Aternativa por Padrón non da crédito á maneira na que se fan as cousas nesta localidade nin á forma de goberno e organización que se leva. É por eso que unha das vías emprendidas pasa por pedir explicacións e solicitar informaicón por escrito ao goberno de Antonio Fernández sobre todo aquelo non que “consideramos que falta información, que o expediente non está completo, das facturas nas que non aparece concepto, …” . Non se nos está respondendo nos prazos que marca a Lei e entendemos que moitas veces os escritos que presentamos en rexistro son numerosos pero si as cousas estivesen ben feitas, non teriamos que preguntar por elas; estase a facer un doble traballo cando xa debería estar feito pero preferimos levar a documentación ao día e saber como se xestiona a administración local con este equipo de goberno.
PLAN DE ACCESIBILIDADE
Unha das cousas nas que o equipo de Cesáreo Pardal está a traballar é na elaboración dun Plan de Accesibilidade co que Padrón e en concreto as instalacións municipais estean adaptadas e sexan para todos os cidadáns. nesta liña ven de solicitar que os plenos se realicen noutra instalación pública e a oficina do paro, sita no Convento do Carme, se instale tamén noutra ubicación. Na nosa lista temos a unha persoa con minusvalía física que participa activamente nas nosas funcións e non pode asistir ás sesións plenarias.
INFORME SOBRE ESCOLAS UNITARIAS
A formación política tamén ven de solicitar, entre outros, un informe do arquitecto municipal sobre o estado actual das diversas escolas unitarias do concello; a raíz da petición duns usuarios afectados e por iniciativa propia, AxP foi coñecedor dun informe de data 24 de xuño de 2014 no que o arquitecto municipal informaba ao goberno do PP que a escola unitaria de Arretén non cumpría o código de edificación en cuestións básicas de salubridade, accesibilidade, ruido, perigo en caso de incendio, etc e ao que o goberno fixo caso omiso non respondendo ás necesidades da escola. As únicas obras realizadas na instalación foron obras menores tal como declaraba a prensa o alcalde o pasado verán.
Alternativa por Padrón entende que instalacións nas que se atopan menores deben estar nas condicións mínimas básicas esixidas. Temos moitos servizos básicos que atender no concello, que sí son obrigatorios e estamos atendendo a outros non tan prioritarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario