Esta semana comenzan en Vedra as actividades da Semana da ciencia 2016, e faino coa charla “Luz e consumo” hoxe martes 12 de abril ás 20.30 h no Local Social de Vedra, no que se falarán temas de moito interese como o de aforrar na factura da luz.
As accións deste programa prolongaranse ata o vindeiro domingo, día 24, data na que se celebrará a Feira da ciencia, broche final no que os escolares participantes no concurso expoñerán os seus traballos ante o público e o xurado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario