Tras
a
resposta
negativa
do
Señor
Alcalde
na
Comisión
de
Contas
celebrada
o
30
de
xullo
de
2015,
onde
preguntei
se
había
algún
motivo
que
eu
descoñecese
e
que
xustificase
a
comisión
reiterada
de
irregularidades
que
se
reflicten
na
documentación
en
relación
coas
Contas
do
2014,
poño
de
manifesto
ao
Pleno
da
Coorporación
e
para
que
conste
en
acta
o
seguinte:
En
primeiro
lugar,
indicar
que
a
conta
preséntase
fora
de
prazo
e
con
máis
de
catro
meses
de
retraso
ante
á
Comisión
(o
límete
era
o
1
de
marzo
de
2015).
En
segundo
lugar,
queremos
facer
un
breve
resumo
nada
máis
e
nada
menos
que
de
28
REPAROS
SUSPENSIVOS
feitos
pola
intervención
municipal
a
unha
serie
de
pagos
efectuados
e
que
foron
levantados
por
Resolución
da
Alcaldía
durante
o
ano
2014:
a)
O
pago
de
facturas
por
contratación
do
asesoramento
técnico
urbanístico
e
xurídico,
por
importe
superior
a
6.000
euros
(mensuais),
facturas
derivadas
de
contratos
menores
(de
cuantía
non
superior
a
18.000€
e
cunha
duración
máxima
dun
ano)
que
son
prorrogados
irregularmente
ano
tras
ano,
nalgún
caso
dende
o
2010.
Ocorre
o
mesmo
con
outros
contratos
por
servizos
xurídicos
e
de
xestión
laboral.
b)
Facturas
por
servizos
extraordinarios
“horas
extra”
que
incumplen
os
contratos
asinados,
onde
non
se
recolle
a
posibilidade
de
percepción
de
horas
extra.
Ademáis,
nalgún
caso
,
sen
que
lle
conste
a
Intervención
os
asuntos
cuxa
importancia
fan
imprescindible
a
realización
de
ditas
horas
extra.
c)
Irregularidades
na
presentación
das
facturas
coa
empresa
INBISA
SERVICIOS
E
MEDIO
AMBIENTE
S.A.,
adxudicataria
do
contrato
de
xestión
do
servizo
público
de
recollida
de
RSU
e
envases
lixeiros,
limpeza
do
mercado
dominical
e
xestión
do
punto
limpo
de
Padrón.
Contrato
adxudicado
por
procedemento
negociado
sen
publicidade,
e
que
superada
con
creces
na
data
de
emisión
do
informe
da
intervención,
o
valor
estimado
esixido
para
este
tipo
de
contratos.
d)
En
relación
coas
factura
das
seguintes
empresas
ROO
Montajes
Eléctricos
S.L
e
ROOMEL
Service
S.L;
Seigal,
S.L;
Servizos
Sociais
Ulla
Sar,
S.L.
derivadas
de
contratos
menores
e
que
ao
longo
do
ano
superan
con
creces
o
importe
para
este
tipo
de
contratos,
vulnerándose
así
os
principios
de
concorrencia
e
publicidade.
e)
Require
tamén
unha
especial
mención
a
Piscina
Municipal:
no
ano
2009
remataba
a
relación
contractual
coa
empresa
Gimnasios
Pazos
S.A,
aínda
así,
a
empresa
continuou
coa
xestión
sen
ningún
tipo
de
contratación
por
parte
do
Concello.
Figura
no
informe
da
Sra.
Interventora
o
aumento
do
canon
concesional,
recollido
na
cláusula
4ª
do
contrato,
sen
motivo
coñecido.
No
ano
2009
destináronse
a
reparación
de
dita
piscina
89.211
euros
dunha
volta
e
140.042,61
céntimos
doutra.
No
2014,
229.019,24
céntimos
destinados
a
súa
reparación.
En
total,
458.272,85
euros,
e
a
piscina
segue
sen
funcionar
a
data
de
hoxe.
2
O
proceder
é
similar
en
relación
co
servizo
da
gardería
infantil
municipal.
f)
Ao
longo
do
2014
realízanse
numerosos
pagos
das
denominadas
“facturas
de
caixón”,
recoñecidas
no
informe
da
intervención
e
realizadas
sen
consignación
orzamentaria
debido
a
inexistencia
de
crédito
axeitado
e
suficiente
en
varios
exercicios
pechados
(reparos
suspensivos
7
e
20/2014).
g)
Atopámonos
cun
déficit
orzamentario
de
95.312,96
euros
e
cunha
débeda
viva
do
Concello
de
1.027.418,32
euros.
O
que
demostra
que
o
concello
gasta
mais
do
que
ingresa.
Nas
conclusións,
no
apartado
segundo
do
informe
de
intervención
de
data
28
de
abril
de
2015
indícase:
“Débese
proceder
a
unha
redución
e
contención
do
gasto
corrente
que
non
sexa
absolutamente
imprescindible
para
o
mantemento
dos
servizos
básicos
municipais
que
se
debería
concretar
sobre
todo
no
capitulo
1
de
gastos
de
persoal
e
no
capítulo
2
de
gastos
correntes
e
servizos
mediante
a
elaboración
dun
Plan
Económico-‐financeiro
ou
un
plan
de
saneamento”
e
no
apartado
terceiro
proponse
o
seguinte:
“Débense
aumentar
os
recursos
propios
mediante
a
revisión
de
tódalas
ordenanzas
fiscais
e
non
fiscais,
incluso
valorar
a
procedencia
de
establecer
novos
impostos
e
taxas,
de
forma
que
se
consiga
unha
porcentaxe
mais
alta
no
financiamento
total
do
presuposto
con
estes
recursos,
de
forma
que
se
reduza
a
dependencia
dos
ingresos
procedentes
fundamentalmente
do
capítulo
4,
que
son
fundamentalmente
achegas
doutras
Administracións
Públicas”.
Neste
sentido
nós
somos
totalmente
contrarios,
a
que
sexan
os
cidadáns
de
Padrón
os
que
cos
seus
impostos
financien
a
mala
praxis
de
gasto
do
Concello
de
Padrón
ao
longo
de
décadas,
pero
sí
estamos
de
acordo
cunha
revisión
das
taxas
e
ordenanzas
para
adecualas
aos
tempos
actuáis,
pero
acompañado
dun
Plan
Económico
–
financieiro
ou
Plan
de
saneamento.
Finalmente
indicar
que
o
máis
grave
de
todo
e
que
isto
é
so
un
pequeno
resume
de
entre
moitas
outras
irregularidades
recollidas
pola
Sra.
Interventora
e
que
atopamos
nesas
contas.
Veciños
de
Padrón,
seguindo
cos
seus
principios,
optará
pola
abstención
na
votación
ao
non
formar
parte
da
Corporación
Municipal
no
momento
no
que
se
realizaron,
pero
non
sen
denunciar,
por
medio
de
esta
Concelleira,
as
anomalías
que
se
están
a
producir.
E
advertindo
de
que
a
nosa
formación
realizará
un
control
exhaustivo
das
contas
municipais
no
presente
exercicio
e
seguintes,
mediante
o
exame
exhaustivo
da
documentación
que
consideremos
oportuna
e
non
descartando
a
posibilidade
da
adopción
de
otras
medidas
de
persistir
ditas
irregularidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario