Será hoxe, mércores 3 de decembro, ás 21.00h no Teatro Principal
Os ourensáns Il Maquinario Teatro presentan en Compostela a súa segunda produción: ‘Perplexo’, unha comedia de Marius von Mayenburg. Será hoxe, mércores 3 de decembro ás 21.00h no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza. As entradas soltas son a 10 euros pero saen a 7 euros se se adquiren co Bono de Teatro galego xa que se enmarca nesa promoción. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de 18.00 a 21.00h, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com
Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que sabes como é a túa vida. Cres que tes certezas. Pero as certezas neste mundo son case unha utopía. Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?... Benvidos o universo de Perplexo, a segunda produción da nova compañía ourensá Il Maquinario Teatro: unha comedia do audaz Marius von Mayenburg estreada en Berlín en 2010.
Il Maquinario Teatro
galego 80’
Fernando Fernando González
Laura Laura Míguez
Melania Melania Cruz
Fran Fran Lareu
Catuxa Pato tradución
Luis Iglesias “Luchi” escenografía
Tito Asorey / Germán Gundín iluminación
Yaiza Pinillos vestiario
Laura Míguez / Tito Asorey espazo sonoro
Aitor Uve fotografía e vídeo
Tito Asorey dirección e adaptación

Ningún comentario:
Publicar un comentario