A Romaría Pop será sábado 15 de xuño e uns días antes, o 6 de xuño, terá lugar o concerto de presentación na Zona C, con Niño y Pistola e When Nalda Became Punk
Entrada de balde a Romaría.
A segunda edición da Romería Pop que terá lugar no compostelán Parque de Belvís o vindeiro sábado 15 de xuño, contará cun concerto de presentación o xoves 6 na Zona C a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk, o prezo das entradas é de 8 euros máis gastos de distribución (anticipada) / 10 euros billeteira do Teatro Principal, Ticketea, A Reixa Tenda.
Niño y Pistola é unha das bandas de referencia do panorama musical galego da última década, estarán presentando o seu cuarto álbum There’s A Man With a Gun Over There (Ernie Records, 2013), un traballo conceptual no que se narra unha historia de desesperación, violencia e rebeldía, ambientada na América profunda dos anos 50, pero con fortes paralelismos respecto a situación que se vivimos hoxe en día na sociedade actual.
A obra está decididamente influenciada polos sons clásicos de bandas como Fairport Convention, Neil Young, o Dylan eléctrico ou mesmo os Beatles máis oníricos, e está estruturada en dúas caras, ou metades, polas que a narración vai fluíndo de forma natural nunha viaxe apaixoante chea de acenos á historia do rock e de exhuberancia instrumental.
Pola súa banda, os vigueses When Nalda Became Punk, virán co seu primeiro e flamante disco A Farewell To Youth, editado polo selo norteamericano Shelflife Records, e que atópase cheo de pezas de pop arroupadas por bases rítmicas e sintetizadores que nos transportan a era dourada do indie dos 90. Hedonismo e pequenas catástrofes cotiás en efectivas doses de tres minutos que serán o contrapunto perfecto a proposta máis densa de Niño y Pistola.
E a 2ª edición da Romaría Pop, será no Parque de Belbís o sábado 15 de xuño dando comezo a ‘Verán na rúa’. Concertos, actividades infantís, minimúsica e moitas outras actividades gratuítas forman parte do programa. A Romaría Pop, a unión de música pop e o mellor ambiente festivo herdeiro das romarías tradicionais, celebrará a súa segunda edición o sábado 15 de xuño no Parque de Belvís, de Santiago de Compostela.
Programa:
Escenario 1
Pedrito Diablo y Los Cadáveras (Vigo, Western)
Nouvelle Cuisine (A Coruña, Pop)
Espíritusanto (A Coruña, Shoegaze)
Unicornibot (Pontevedra, Math rock,)
Los Árboles (Santiago de Compostela, Pop)
Los Huéspedes Felices (Ferrol, Psicodelia)
Wild Balbina (Vigo, Surf-pop)
Escenario 2
Fagot y Popota (A Coruña, Pop electrónico)
La Banda Ornytorrinque (Santiago de Compostela)
Grampoder (Pop, Santiago de Compostela)
Esta iniciativa de Desconcerto Cultural, reúne a numerosas familias e amigos no Parque de Belvís para gozar de actividades culturarles gratuítas; unha xornada acompañada co mellor da escena musical independente galega representada en bandas que ofrecerán un bo número de actuacións.
Dous escenarios, zonas para actividades infantís, concursos, pequemúsica, feira, e postos de comida e bebida e moitos máis atractivos formarán parte do seu programa. A Romaría Pop está aberta a calquera persoa interesada en gozar do descanso e da cultura ao aire libre. Trátase dunha aposta pola dinamización e a convivencia entre veciños nunha xornada festiva; e o éxito do 2012, en ambiente e asistencia, mostrou a valía deste espírito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario