BNG Negreira - O BNG pregunta o goberno pola vaga de roubos en coches

O Goberno pode poñer en marcha medidas disuasorias, incrementando a presenza da Policía Local polas noites
O Bloque Nacionalista Galego pregunta ao Goberno canto tempo máis vai agardar antes de actuar, para tratar de deter a vaga de roubos nos coches, que sufre estes días a vila de Negreira. 

O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, asegura que “con tanta festa seguro que nin se deron conta dos continuos roubos nocturnos que afectan a vehículos estacionados nas rúas de Negreira”, e lle exixe ao Goberno “accións contundentes para deter de inmediato eses actos.”

Antonio Ponte subliña que “son moitos os veciños que teñen medo de atopar os seus coches destrozados polas mañáns, sen que o Goberno poña ningún remedio podendo facer uso da Policía Local para poñer en marcha medidas disuasorias.”

Antonio Ponte lémbralle ao PP e PBN, que foron elexidos pra gobernar, non para estar xantando todos xuntos de festa en festa.

Ningún comentario: