Silleda - novas actividades do programa Silleda Activa

Comezan novas actividades do programa Silleda Activa, co que se estrena o Clube do Centro Social dos Maiores 
-Logo do ciclo de informática Conectad@s, con 24 participantes, xa se iniciou tamén o curso interxeracional de pintura e debuxo e o vindeiro mércores tócalle o turno o de manexo de teléfonos móviles

O programa Silleda Activa, co que se estren ao Clube do Centro Social dos Mariores, continúa con novas actividades logo da exitosa estre ado ciclo Conectad@s, que se imparte en Parque 7 para familiarizar ós/ás maiores coa navegación por páxinas web, uso do correo electrónico, redes sociais.. 

Comezaron xa tamén as clases do Obradoiro Interxeracional de Pintura e Debuxo, que imparte unha licenciada en Belas Artes todos os venres de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social de Silleda, e no que maiores e pequenos comparten a súa afección polos pinceis. As actividades continuarán ata o mes de xuño do vindeiro ano, e todas as persoas interesadas poden anotarse aínda nas dependencias do propio Centro Social. Na vindeira semana comezarán tamén o taller de memoria e o outra das novas actividades, o taller de alfabetización dixital no que os maiores poderán acadar un mellor nivel formativo nos campos da lecto-escritura ou no coñecemento das novas tecnoloxías, sacando maior rendemento, por exemplo, ao teléfono móbil. Os/as interesados tamén poden anotarse neste obradoiro

Ningún comentario: