UN CONCELLO SECUESTRADO POLO PARTIDO POPULAR.
O PP ofrécelle a Gacio unha adicación parcial de 1.619,34 €/mensuais.
A estratexia do PP non ten límites: dimite sen dimitir, e como premio ofréceselle unha
adicación, sen ter ningunha área delegada.
O Pleno da corporación de Boqueixón é unha auténtica farsa. Está secuestrado polo
PP, e os seus membros están a convertirse nuns bonecos de ventrílocuo, falando pola
boca de quen se está a converter no verdadeiro alcalde na sombra.
Queda pois máis que demostrado as razóns polas que non participamos na farsa que
están a montar o Sr. Feijóo, o Sr. Calvo e o Sr. Gacio.
A operación Pokemon en Boqueixón vai camiño de
converterse nunha auténtica traxicomedia, entre a película de “Torrente” e o espectáculo
casposo de José Luís Moreno. Á dirección de todo o espectáculo lévaa o Sr. Nuñez Feijóo,
convertíndose así nun mal aprendiz de Santiago Segura. O alcalde na sombra, é dicir, o Sr. Gacio convírtese en José Luís Moreno, e os concelleiros do PP son os seus bonecos
ventrílocuos, ao estilo de Monchito, Macario e Rockefeller, pero con moi pouca graza.
O Concello de Boqueixón é un auténtico circo.
Advertira o pasado 8 de outubro, data na que decidín abandoar o pleno da corporación, da situación de secuestro de Boqueixón polo Partido Popular. É intolerable esta dimisión a medias, si de alcalde, mais non de concelleiro. E máis lamentable ainda que dende a súa renuncia (coa rolda de prensa) non voltara a aparecer en ningún dos plenos que se levan celebrados ata o momento.
A culminación de toda esta burla e farsa na que se ten convertido Boqueixón, é que
renunciando á alcaldía e mesmamente a calquera das áreas de goberno, o PP tente darlle unha adicación parcial, tal e como pretenderán, se non o paramos, o vindeiro venres 26 de outubro.
Que vai facer o Sr. Gacio no Concello?
En concepto de que se lle paga?
É autenticamente intolerable que o PP manteña a este concelleiro entre as súas filas. É
intolerable que o Sr. Gacio tente seguir mangoneando o concello como a súa casa particular e que use aos concelleiros do PP como os bonecos ventrílocuos de José Luis Moreno.
Exhorto aos veciños de Boqueixón a que se rebelen, e que tenten parar esta auténtica vergoña,e esta manipulación do Partido Popular.
Paremos a última Cacicada do Gacio!!!!
Dimisión xa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario