Arredor de 100 persoas asistiron á presentación do libro Contrapicados da escritora amiense Mariña Pérez Rei
Mariña Pérez Rei é nativa da parroquia amiense de Agrón e participou como xurado nas edicións de 2010 e 2011 do Certame Literario do Concello de Ames.
Este acto enmarcouse dentro das actividades coas que o Concello de Ames intenta apoiar e promocionar os creadores e creadoras amesáns.
O Pazo da Peregrina acolleu este xoves
pasado
pola tarde a presentación da última obra da escritora amiense
Mariña Pérez Rei. Este acto estivo organizado polo Concello de
Ames
e Sotelo e Blanco Edicións. Á presentación asistiron a autora
do
libro, Mariña Pérez Rei, a concelleira de Cultura, María
Eugenia
Martín, e a directora da colección Medusa Narrativa, Ánxela
Gracián. A autora leu varios fragmentos da súa obra acompañado
do
clarinetista Andrés Pérez Fernández. Este acto enmarcouse
dentro
das actividades coas que o Concello de Ames intenta apoiar e
promocionar os creadores e creadoras amesáns.
A
escritora
amiense Mariña Pérez Rei elixiu o Pazo da Peregrina como
escenario
da presentación da súa última obra literaria Contrapicados.
A presentación tivo lugar este xoves pasado, ás 20:30 horas e
comezou coa intervención da concelleira de Cultura, María
Eugenia
Martín Vicente. A continuación interveu Ánxela Gracián,
directora
da colección Medusa Narrativa e pechou o acto a propia autora
coa
lectura de varios fragmentos da obra acompañada pola música do
clarinetista Andrés Pérez Fernández. Este acto estivo
organizado
polo Concello de Ames e Sotelo Blanco Edicións. Mariña Pérez
Rei é
nativa da parroquia amiense de Agrón e participou como xurado
nas
edicións de 2010 e 2011 do Certame Literario do Concello de
Ames.
Contrapicados
é unha novela coral na que se cruzan personaxes dispares
observados
desde un igualador ángulo límite. A cama é un obxecto que
gaña co
claroscuro. Os pacientes dun hospital saben que a intimidade
se
desprende ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van
nacendo
moitas emocións lentas e algunha que outra vertixinosa. Un
ataque de
indignación e imbecilidade pode chegar a consumir trescentas
calorías. A pituitaria e a amígdala son dúas grandes
descoñecidas.
O frío é branco porque as sinestesias suceden; ademais, non
é
verdade que a auga sexa insípida: sabe a sede. E por
suposto, hai
partes do corpo que nin sequera sospeitamos que existen.
Os
personaxes masculinos ulen a carballo rebolo; os femininos,
a
figueiras novas e a tinta roubada. A cámara enfoca os seus
rostros e
convérteos en personaxes contrapicados, secundarios ou
relevantes,
imperfectos ou sublimes, pequenos cameos que saen ao paso
dun
narrador omnisciente e irresponsable que abandona as súas
funcións.
A súa memoria é unha ollada impresionista que, con
pinceladas
breves, nos recorda que calquera tempo pasado foi moi
mellorable.
A
autora
Mariña
Pérez Rei, escritora amesá establecida na cidade de Santiago
de
Compostela, é licenciada en Filoloxía Hispánica e en
Filoloxía
Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela,
actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura
Galega no
IES de Brión. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e
a
novela curta. Tamén colabora en xornais e revistas con
artigos de
opinión. No ano 2005 acadou o premio de poesía Eusebio
Lorenzo
Baleirón polo libro Fanerógama.
No 2006 obtén o Premio Manuel Lueiro Rei de novela por Canícula;
no 2009 publicou o libro de poesía artesanal en edición
limitada:
Apuntamentos
para un cuarto confuso e cambiante,
na editorial Bourel, no ano 2010 publicou o libro de poesía
Paquidermo
na editorial Bubela co que ingresou na corrente filosófico-
poética
do sentimental-ISMO e nese mesmo ano obtén o premio de
relato de
aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración
Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, editada pola
Editorial Toxosoutos. Contrapicados
é
a súa terceira achega narrativa.


Ningún comentario:
Publicar un comentario