Silleda - ultímase a área recreativa de Lamela


A Concellería de Obras e Servizos ultima o acondicionamento da área recreativa de Lamela
As tarefas para a instalación dun parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños, foron completadas polo Concello coa realización dun peche, arranxo da finca e a próxima dotación de céspede

Os concelleiros Manuel Cuíña e Margarita Campos, veciña da localidade, visitaron hoxe este espazo. A Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña Fernández, está a ultimar estes días a preparación da  área recreativa na parroquia de Lamela, na parcela situada xunto ao centro social da localidade. Neste  emprazamento colocouse xa o mobiliario do parque biosaudable adquirido pola Asociación de Veciños San Miguel de Lamela.
Dende o Concello asumíronse as labores de instalación do citado parte, a preparación do terreo,  construción dun peche no frontal da finca e dun paseo central de formigón, onde se colocou tamén  unha mesa e bancos de pedra que foron donados á asociación. Manuel Cuíña visitou hoxe esta área, acompañado da concelleira Margarita Campos, veciña da localidade. Cuíña explicou que nos vindeiros días procederase á dotación de céspede nesta área.
Así mesmo, o concelleiro de Obras e Servizos destaca a colaboración coa asociación de veciños, seguindo a liña aberta polo seu departamento, que se completa neste caso cos traballos de reforma e mellora no centro social de Lamela. Nestas tarefas  tamén colaborou o Concello de Silleda asumindo a redacción do proxecto de obra. Ademais da redistribución do interior do local, os traballos consistiron na substitución das baldosas ou o forrado das columnas con madeira, entre outros. 

Ningún comentario: