USC - A Biblioteca Concepción Arenal continúa co Club de Lectura @nas marxes

¡Escucha hombrecillo!: Discurso sobre la mediocridad, de Wilhelm Reich (La Linterna Sorda, 2015) é a obra proposta polo Club de Lectura @nas marxes para o debate do 26 de febreiro que terá lugar na Biblioteca Concepción Arenal da USC a partir das 19.00 horas.

Este club de debate propón unha obra moi suxestiva de Wilhelm Reich, precursor dos movementos ecoloxistas e antinucleares e da psiquiatría biosocial que atacou duramente a normalidade da sociedade burguesa. O libro, que levantou fortes polémicas cando saíu do prelo en 1948, constitúe unha resposta do autor aos ataques da sociedade neurótica e “emocionalmente pestilente”, como el mesmo a cualificou. 

As lectoras e lectores desta obra descubrirán un texto directo, politicamente incorrecto, vangardista tanto no fondo como na forma. Unha crítica mordaz ao home corrente, o pequeno home e a pequena muller, gris e egoísta, suplicando orde e autoridade.

O club

OClub de lectura @nas marxesnace do desexo da Biblioteca de fomentar a lectura nacontorna universitaria; un entorno de estudo, traballo e investigación, onde non parece quedar moito tempo para a reflexión, o diálogo e o debate. 

As reunións serán os derradeiros venres de cada mes na Biblioteca Concepción Arenal cunhas sesións de arredor hora e media e onde o fundamental é o libro e quen o le.As persoas interesadas poden dirixirse á coordinadora do club, Lourdes Pérez (Tfno.: 881815214, polas tardes), mlourdes.perez@usc.es.

Ningún comentario: