Vedra - Mostra audiovisual e actividades formativas

 LAV016
    Laboratorio Audiovisual de Vedra
    IX xornadas de formación e mostra audiovisual
                      12, 13 e 14 de febreiro de 2016

MOSTRA AUDIOVISUAL
Proxeccións de audiovisual galego presentadas polos seus creadores/as.
Todas as proxeccións no Centro Sociocultural de Vedra (Casa da Terceira Idade)
Entrada de balde

Venres 12 de febreiro / 20:30 h.
No hay más remedio, de José E. Pintor (Pinky)
Ángel, Fonso e Roberto son tres anciáns con problemas que toman unha decisión  equivocada: cometer un atraco a unha farmacia para conseguir o diñeiro necesario para realizar cada un o seu soño persoal. A idade, a tecnoloxía, os particulares empregados e clientes da farmacia e unha  sociedade moi particular fan que os plans non sucedan como eles tiñan pensado.
O galego José Pintor (Pinky) dirixiu na República Dominicana esta comedia que se converteu na película máis vista no país caribeño e acadou un gran éxito noutros países da rexión.
República Dominicana | 2014 | 90 min | Ficción: comedia

Sábado 13 de febreiro / 17:00 h. SESIÓN INFANTIL
Maimiño e o espello máxico, de Alfonso Padrón
Esta é a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.
A galega Ficción Producciones e o Instituto de Cine Cubano coproducen esta película que gañou en 2014 o premio á mellor longametraxe de animación no Festival de La Habana e que agora é candidadata ao Goya na mesma categoría.
Cuba-Galicia | 2014 | 78 min | Animación: aventuras

Sábado 13 de febreiro / 20:00 h.
Fíos fóra, de Illa Bufarda
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Illa Bufarda escribe, produce e dirixe este documental con produción executiva de Amarante, que se introduce na historia das obreiras galegas do téxtil, entre costuras e patróns.
Galicia | 2015 | 90 min | Documental


XORNADAS DE FORMACIÓN
Obradoiros de formación audiovisual para profesionais e afeccionados.
Sábado 13 de febreiro de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30h.
Domingo 14 de febreiro de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30 h.
Entrega de diplomas: domingo 14 de febreiro ás 17:30h.
Inscrición previa en www.senunpeso.org

·       Matrícula aberta ata o 1 de febreiro:
·       #Vedra2Q16 [de 12 a 16 anos], con Roi Guitián e María Lobo (Gingko). Matrícula gratuíta.
·       Xornalista por un día [de 12 a 16 anos], con Rocío Ovalle, Esmeralda L. Castro e Moisés Álvarez. Matrícula gratuíta.
·       Realización de videoclips, con Mar Catarina e Rubén Domínguez
·       Sonorización de eventos, con Xacobo Castro
·       O son, do low cost ao cinematográfico, con Xoán Escudero
·        
·       Obradoiros completos:
·       Xogando coa holografía [de 10 a 16 anos] con Xurxo Guitián e Jenaro Castro (Ceta Systems)
·       Interpretación para televisión, con Mariana Carballal
·       Dirección de actores e actrices, con Jorge Coira
·       Escritura de guión de longametraxe, con Alfonso Zarauza e Jaione Camborda
·       Creación audiovisual en tempo real, con Oswaldo García
·       Kung fu fotográfico, con Paco Rocha

Ningún comentario: