PP Santiago - Agustín hernández continúa as reunións cos veciños

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, continúa coa rolda de contactos cos veciños de Compostela que iniciou a principios de ano.

O sábado mantivo unha xuntanza cos de Berdía, co obxecto de coñecer as súas opininións e avanzar na preparación do programa electoral que o PP de Santiago está a elaborar para cada barrio cara ás vindeiras eleccións municipais de maio deste ano.

A rolda de reunións comezou a principios de ano con veciños dos barrios de San Lázaro, As Cancelas, Conxo e Casco Histórico, e manterase ao longo das vindeiras datas para completar e coñecer as necesidades concretas de cada zona da cidade.

Hernández aproveitou o encontro para trasladarlles asemade os retos desta nova etapa que o actual responsable do PP local afronta “coa máxima ilusión”.

Ningún comentario: