Fernando alonso presentará o equipo Mclaren Honda de F1 na Cidade da Cultura, o acordo pechouse co goberno daXunta nunha recente visita que o piloto fixo a Galicia e na que tras estar pola mañá en Lugo levouno pola tarde a unha reunión privada na residencia do presidente en Monte Pio.
Fernando Alonso deixou esta tempada o equipo Ferrari voltando a Mclaren no momento no que regresa a Fórmula 1 a marca xaponesa Honda para dotar de motores os británicos, faino coa esperanza de conseguir ese coche co que poida engadir un novo título do mundo os dous que xa ten no seu poder.
A posibilidade de presentar o equipo na Cidade da Cultura comenzou a fraguarse fai un mes e medio cando a marcha de Alonso de Ferrari era un feito ainda non develado pero seguro; os británicos de Mclaren querían facer a presentación en España co fin de darlle o pulo necesario a unha afición que soporta sempre o asturiano; os contactos con cidades como Oviedo ou Madrid non marchaban por bo camiño polo que a Xunta presentou a súa proposta seguindo o consello do galego Gerard Lopez, dono do equipo Lotus, que mantén boa relación con responsables da consellería da presidencia.
A data definitiva está ainda por concretar pero o acordo está xa firmado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario