Silleda - Como tódolos anos o concello celebra a Noite Vella 24 horas antes

Silleda anticípase ás badaladas de fin de ano o martes día 30 con festas para os nen@s e maiores

-Na Casa da Xuventude celebrarase a cita para os máis cativos e no Centro Social realizarán o xa tradicional ensaio das uvas

Un ano máis Silleda volve anticiparse á Noitevella con celebracións que chegan na xornada do martes día 30. A primeira das citas será na Casa da Xuventude, a partir das 17.00 horas coa Festa Infantil de Fin de Ano, na que os máis novos/as serán protagonistas dunha animada sesión con cotillón incluído.

E a partir das 21.00 horas o preludio de Noitevella chega ata o Centro Social dos Maiores, onde os asistentes realizarán o xa tradicional ensaio de fin de ano, coas badaladas e as uvas por anticipado. Esta cita, organizada pola Concellería de Participación Cidadá comezará ás 21.00 horas con pinchos, cotillón de fin de ano e a tradicional toma das 12 uvas. O prezo por persoa para asistir a esta festa é de 5 euros. Logo haberá sesión baile amenizada polo Dúo Punto Zero.

Ningún comentario: