Santiago - A peza para nenos "O bosque de Grimm" no Teatro Principal

El bosque de Grimm
Un premio Max baseado nos grandes contos clásicos para o ciclo Infantil e Familiar
Hoxe luns 29 de decembroás 19.00h no Teatro Principal

Dentro do ciclo Infantil e Familiar o Teatro Principal, acollerá a función ‘El bosque de Grimm’, un premio Max baseado nos grandes contos clásicos.

Inspirado nos contos clásicos, El bosque de Grimm é unha versión contemporánea de relatos como Caparuchiña vermella, Polgarciño ou Brancaneves. El bosque de Grimm é un espectáculo visual, sen texto, contado a través da música do coñecido compositor francés Maurice Ravel e que mereceu galardóns como o Premio Max 2014 ao mellor espectáculo infantil. Entradas á venda no despacho de billetes do Teatro Principal.

Escenificada con títeres, teatro xestual e videoescena, en El bosque de Grimm a compañía granadina La Maquiné creou unha linguaxe teatral evocadora que describe os personaxes e os momentos estelares dos contos de sempre.

Ningún comentario: