Silleda - I Premio Concello de Silleda de Normalización lingüistica

Seis empresas e comercios optan ao I Premio Concello de Silleda de Normalización Lingüística
O prazo para participar no I Premio Concello de Silleda á Normalización Lingüística nas empresas e comercios, rematou o pasado sábado cun total de seis propostas presentadas, con establementos de ámbitos diversos. Este certamen ten por obxeto estimular nos comerciantes e empresas do municipio o uso do galego na actividade comercial comprendendo, tanto a empresas cunha tradición recoñecida na súa normalización como a aquelas que se incorporan recentemente ás prácticas normalizadoras. Un equipo multidisciplinaro do IES Pintor Colmeiro (normalización e ciclo de marquetin e comercio) encargarase agora de facer o traballo de valoración.

O premio, que se entregará neste mes de maio, consiste nun diploma outorgado polo Concello de Silleda máis un convite, outorgado pola SXPL para visitar o Museo do Pobo Galego, a Casa Museo de Rosalía (para dúas persoas) así coma un lote de produtos de lecer en galego (libros, musica e adiovisual). Tamén se concede unha visita guiada, neste caso para 8 persoas á mostra “Auga Doce”, da Cidade da Cultura.

A iniciativa conxunta do Concello e do centro xurdiu despois dun estudo realizado polo alumnado do centro sobre a paisaxe lingüística de Silleda. Sinalou que mentres as Administracións cumprían nun 90 % no uso do galego, as empresas privadas só o facían, no tocante a sinais indicadoras e outros nun 20%.

Ningún comentario: