Ames - Prazo de inscrición para o xuño lúdico e a Escola de Verán

O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para o Xuño Lúdico e a Escola de Verán entre o 15 e o 30 de maio
O Xuño Lúdico desenvolveranse durante os días 23, 25, 26, 27 e 30 de xuño, dende as 07:30 h ata as 16:00 horas, mentres que a Escola de Verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, no mesmo horario de 7:30 h a 16:00 horas.

Para axudar a estas familias, o Concello de Ames pon en marcha os programas do Xuño Lúdico e a Escola de Verán, que ofrecen actividades lúdicas e culturais a centos de nenos e nenas amienses mentres os seus pais e nais traballan. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria

Aproxímase o verán e o Concello de Ames pon en marcha un ano máis os programas do Xuño Lúdico e a Escola de Verán. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño Lúdico desenvolveranse durante os días 23, 25, 26, 27 e 30 de xuño, dende as 07:30 h ata as 16:00 horas. Por outra banda, a Escola de Verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, no mesmo horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O prazo para apuntarse nestes dous programas estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio.

O verán é unha época para pasalo ben, sobre todo para os máis pequenos, que teñen preto de tres meses libres. As obrigas laborais dos pais e nais fan moi difícil conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas. Para axudar a estas familias, o Concello de Ames pon en marcha os programas do Xuño Lúdico e a Escola de Verán, que ofrecen actividades lúdicas e culturais a centos de nenos e nenas amienses mentres os seus pais e nais traballan.

Como en anos anteriores, o Concello de Ames pon en marcha o programa de Xuño Lúdico, dirixido aos nenos de entre 3 e 12 anos. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.

Estas actividades desenvolveranse durante os días 23, 25, 26, 27 e 30 de xuño, dende as 07:30 h ata as 16:00 horas. O prazo para apuntarse no Xuño Lúdico estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio. Todas as persoas interesadas terán que pasar polo departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou pola oficina municipal do Milladoiro, en horario de 09:00 h. a 14:00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar na web municipal. A entrega da documentación farase no rexistro xeral do Concello, situado en Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario que no caso anterior. 

Escola de Verán
Por outra banda, a Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio. Pretende ser unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Ademais permítelle aos rapaces e rapazas pasar as vacacións de verán dun xeito divertido e educativo.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas que cursan segundo ciclo de infantil e educación primaria e que estean empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. A pesar diso terán sempre preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello.

O servizo desenvolvese nos meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h a 16:00 horas. Trátase de facer unha oferta lúdica - educativa para que os rapaces e rapazas pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación.

As solicitudes de inscrición poderán recollerse no departamento de Educación (no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns) e na oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h ás 14:00 horas, ou pódense descargar na web municipal. Unha vez estea cuberta a ficha de inscrición poderase entregar no rexistro xeral do Concello e na oficina municipal do Milladoiro, tamén en horario de 9:00 h ás 14:00 horas. O prazo para solicitar a inscrición tamén estará aberto dende o 15 ata o 30 de maio. Para obter máis formación pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.

Ningún comentario: