Santiago - "Cinco horas con Mario" en Compostela

Natalia Millán protagoniza ‘Cinco horas con Mario’ este sábado en Compostela
Será ás 21.00h no Teatro Principal e dentro do ciclo Teatro&Danza
A obra de Miguel Delibes chega a Compostela da man de Sabre Producciones, protagonizada por Carmen Sotillo e Natalia Millán e baixo a dirección de Josefa Molina
‘Cinco horas con Mario’ de Miguel Delibes chega a Compostela, ao Teatro Principal, este sábado, 24 de maio ás 21.00h, dentro do ciclo de Teatro&Danza. Protagonizado por Natalia Millán e Carmen Sotillo, con música de Luis Eduardo Aute e baixo a dirección de Josefa Molina, chega da man da madrileña Sabre Producciones. As entradas, a un prezo de 16 euros (14 euros no anfiteatro) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), no 902 434 443 ou na web entradas.novagaliciabanco.es

Marzo de 1966. Carmen Sotillo, aos 44 anos, acaba de perder ao seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiraron, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio.

Convertido xa nun clásico, o primeiro texto escenificado de Miguel Delibes é un documento vivo daqueles anos, das preocupacións económicas, sexuais, políticas, relixiosas, morais... pero, por riba de todo, ‘Cinco horas con Mario’ fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida... E a súa valente protagonista é Natalia Millán.

Sabre Producciones Madrid
español 90’
Carmen Sotillo Natalia Millán, reparto
Josefa Molina, dirección
Rafael Palmero, escenografía
Francisco Leal, iluminación
Luis Eduardo Aute, música

Ningún comentario: