Brión - Abertas as inscricións para os cursos de piragüismo

Abertas as inscricións nos cursos de piragüismo para este verán en Brión
As clases terán lugar nas tardes dos venres nas instalacións municipais de Ponte Insúa (Ons) e os prezos oscilan entre os 12 e os 17 euros 

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, organiza cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos que terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). As cotas de inscricións serán de 17 euros, para alumnos/as de 17 e 18 anos, e de 12 euros para o resto de participantes. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.

As clases terán lugar todos os venres de xuño, xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín. Non é preciso ter coñecementos previos deste deporte para participar, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición.

Ningún comentario: