O Grupo Municipal Socialista de Negreira acabar de presentar no Rexistro Municipal unha moción para que no vindeiro pleno municipal se informe e se debata acerca do Convenio Urbanístico asinado entre o Alcalde e a familia propietaria da finca onde se vai construír a nova Praza das Brañas.
O Grupo Municipal Socialista unha vez revisada e estudada toda a documentación incorporada ao expediente da construción da nova Praza entende que hai varios puntos que deben ser explicados polo goberno municipal debido a súa
Na derradeira sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 24 de marzo de 2014 o Goberno Municipal aprobou a inclusión no Inventario Municipal do “ dereito persoal da Corporación “, dunha determinada finca denominada “ As Brañas “.
Como último paso para que a Deputación da Coruña autorizase a subvención coa que se vai costear parte da obra.
Previamente se asinou un Convenio entre o Alcalde do Concello de Negreira e os representantes da familia dona dos terreos.
O acordo plenario do 24 de marzo recolle entre outros puntos, dous cando menos moi chocantes: por unha parte que a cesión da finca non é tal cesión posto que o Concello terá que pagar á familia 3.700 euros anuais, polo que entendemos é un aluguer que pode durar anos e anos, e por outra parte se recolle textualmente na acta do pleno que a obra en cuestión “ podrá servir al uso público a lo largo de cinco años como mínimo “. Quere iso dicir que pasados 5 anos os terreos en cuestión poden pasar a ser de uso privado exclusivamente? Quere iso dicir que pasados 5 anos o Concello pode quedar sen unha obra que lle vai custar ás arcas públicas case 40 millóns de pesetas.
Debido ao aquí exposto e al algúns puntos negros que nós vemos no expediente presentamos a moción co fin de atopar mais explicacións acerca dunha obra que vai supoñer un desembolso de case 240.000 euros.
Moción que vos facemos chegar para que poidades comprobar todo o que nela se expresa e se solicita.
Así mesmo tamén lle imos solicitar proximamente que antes de executar dita obra modifiquen o proxecto inicial da Praza e supriman o vial que parte en dous os terreos sobre os que se van a actuar, posto que segundo a nosa opinión dito vial é innecesario e inxustificado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario