Teo - II Feira da Terra e mercado de segunda man

Celébrase unha nova edición da feira local de segunda man na carballeira de Francos no marco da ii Feira da Terra
As persoas ou asociacións interesadas en participar deben chamar ao teléfono de Benestar 981 809 707 
O Departamento de Participación Veciñal de Teo coordina unha nova edición da Feira local de segunda man, que se celebra o próximo 8 de xuño no marco da II Feira da Terra, na carballeira de Francos (Calo). Nesta ocasión os postos de compra venda estarán colocados ó aire libre e funcionarán entre as 12:00 e as 18:00 horas. 

As persoas ou asociacións interesadas en participar aínda están a tempo. Poden anotarse ata finais do mes de maio chamando aos teléfonos do Concello de Teo 981 809 707 ou ao 981 815 700. Os participantes poden traer calquera cousa usada que queiran vender ou trocar, roupa, libros, obxectos de decoración... A idea que se quere fomentar con esta feira, que xa se celebrou no Concello con anterioridade, é darlle un novo uso a cousas que os seus donos xa non utilizan. Reutilizar e reciclar son dous dos obxectivos que se perseguen con estas feiras de intercambio. 

Esta edición da feira de segunda man celébrase dentro da II Feira da Terra, unha iniciativa da asociación de veciños A Carballeira de Francos. A feira da terra funcionará durante toda a xornada na carballeira e nela haberá venta de produtos agrícolas, prantas, artesanía así como postos de comida e actividades lúdicas para desfrutar durante todo o día. 

Ningún comentario: