O Concello de Ames conmemorou o día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos certames Literario e Intercentros
O evento, que foi un éxito de público, comezou coa actuación dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames e continuou coa entrega dos premios do VI Certame Artístico Literario Intercentros e do XI Certame Literario do Concello de Ames. Para pechar o acto interviu a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, e volveron a actuar os alumnos/as da EMMA.
Este evento estivo presidido pola concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, que estivo acompañada do concelleiro de Educación, Bernardo Moar. Tamén asistiron os concelleiros/as da corporación municipal Carmen Fraga e Ramón García Argibay. Ademais, o evento contou coa participación do presidente de Feiraco, José Montes Pérez.
| Participantes no certame literario |
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano estivo dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro. O evento, que foi un éxito de público, comezou coa actuación dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames e continuou coa entrega dos premios do VI Certame Artístico Literario Intercentros e do XI Certame Literario do Concello de Ames. Este evento estivo presidido pola concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, que estivo acompañada do concelleiro de Educación, Bernardo Moar. Tamén asistiron os concelleiros/as da corporación municipal Carmen Fraga e Ramón García Argibay. Ademais, o evento contou coa participación do presidente de Feiraco, José Montes Pérez.
A celebración comezou coa actuación do coro da Escola Municipal de Música de Ames, que interpretou as cancións populares 'Muiñeira do Alén' e 'O Rosa'. A continuación, o xornalista, Juan Luís Silva, fixo un repaso da vida e da obra do poeta Xosé María Díaz Castro, e Ismael Ramos, que conseguiu o primeiro premio da primeira categoría de poesía do Certame Literario, recitou o poema Penélope de Díaz Castro.
De seguido, comezou a entrega de premios da sexta edición do Certame Artístico-Literario Intercentros, dirixido aos alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo de educación primaria do Concello de Ames. Os galardóns foron entregados pola concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, e polo concelleiro de Educación, Bernardo Moar.
Despois da entrega dos premios do Certame Literario Intercentros foi a quenda dos galardoados/as no certame Literario do Concello de Ames, que este ano cumpriu a súa décimo primeira edición e que xa se ten convertido nun referente en toda Galicia. Este ano o xurado encargado de elixir os premiados/as estivo composto polos recoñecidos autores do panorama literario galego; Begoña Caamaño, Carlos Negro e Charo Pita. Neste caso, os premios foron entregados pola concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e o presidente de Feiraco (empresa colaboradora do certame), José Montes Pérez.
Presentáronse 130 traballos
| Participantes no certame intercentros |
Este ano presentáronse un total de 130 traballos. Na modalidade de narrativa presentáronse 76 textos, mentres que na modalidade de poesía houbo 64 textos orixinais presentados. Cómpre destacar que 5 dos premiados son de Ames. Polo tanto dos 18 premios concedidos, 5 foron gañadores por escritores/as amienses. A ampla participación nesta convocatoria é unha mostra da acollida que ten este certame entre os novos creadores e creadoras, un certame que, nos seus once anos de existencia foise consolidando como referente no ámbito cultural galego.
Despois de rematar coa entrega de todos os galardóns, a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, pechou o acto. Na súa intervención, a concelleira de Cultura felicitou a todos os premiados/as e destacou a calidade dos traballos galardoados. María Eugenia Martín incidiu en que “o Certame Literario Concello de Ames medra ano a ano e xa está consolidade por todo o territorio galego”. A concelleira rematou lembrando a figura do poeta Xosé María Díaz Castro, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
O acto de conmemoración do Día das Letras Galegas, organizado polo Concello de Ames, rematou coa actuación dos alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames, que interpretaron o tema 'O Camiño de Santiago', de Carlos Núñez. Esta peza estivo interpretada por Nerea Montes (frauta); Javier Abel (guitarra); Iria Güimil e Aga (violíns).
Ningún comentario:
Publicar un comentario