Onte o auditorio da Casa da Cultura de Ordes acolleu o espectáculo de monicreques ‘As fabas máxicas´, interpretado por Caramuxo Teatro. Unha historia da que puideron desfrutar un nutrido grupo de nenos e nenas que na súa maior parte acudiron acompañados polos seus pais e nais. A cita foi organizada polo Concello de Ordes en conmemoración do Día das Letras Galegas que se celebra hoxe na honra de Xose María Díaz Andrade. ‘As fabas
máxicas’ forma parte do programa de dinamización lingüística Falaredes, da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario