Si o anterior goberno socialista non foi capaz de levar a cabo esta imprescindible dotación sanitaria para o Milladoirona parcela destinada, o goberno do PP de Ames mostra a mesma incapacidade a pesar de contar agora con dúas parcelas, axeitadas para a súa ubicación, en vez de unha.O Centro de saúde do Milladoiro non pode seguir coas deficiencias actuais, con graves carencias de espazo, incomodidade e hasta o peche da sala de analíticas por goteiras sufrido esta mañá.
PxA acaba de presentar por rexistro no concello de Ames unha moción para instar de forma urxente a construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro. Xa fai catro anos desde que se firmara a cesión de unha parcela de 5.000 m2 no sector Travesía do Porto Sur.
Dous anos despois de que a Xunta de Goberno aprobara a modificación puntual do plan parcial S-14 e S-16 para dotar ao Milladoiro de outra parcela de 8.201 m2 como alternativa para poder construír o novo Centro de Saúde do Milladoiro. O goberno popular segue sen poñerse en serio a traballar sobre esta cuestión básica e imprescindible para Ames.
Dous anos despois de esta aprobación, o Milladoiro conta con dúas parcelas axeitadas para a construción desta dotación e polo tanto PxA esixe a máxima urxencia tanto ao goberno popular de Ames como ao goberno da Xunta de Galicia xa que unha poboación de 15.000 habitantes como é o Milladoiro, non pode esperar máis tempo, sobre todo se temos en conta que o actual centro de saúde carece das condicións mínimas.
Despois de sufrir “O Milladoiro, o que está por ver” do anterior alcalde socialista, agora temos unha actitude e aptitude por parte do goberno do PP que demostra claramente a nula preocupación e sensibilidade que teñen cara un problema de primeiro orden no que se está inmerso dende fai moitos anos e que padecen a diario tanto usuarios como o persoal do centro de saúde do Milladoiro.
Os membros de PxA consideramos intolerable que se manteña esta situación por máis tempo e que os usuarios e traballadores teñan que sufrir as consecuencias tal e como aconteceu na mañá do 12 de febreiro que debido a falla de mantemento tiveron que precintar a sala de analíticas porque había goteiras.
Dende PxA temos a seguridade de que a pesares de que nos orzamentos da Xunta de Galicia non figura partida económica para este novo centro de saúde, sabemos que si a Consellería de Sanidade ten vontade, pode dispoñer dos orzamentos suficientes para que a súa construción se inicie ao longo deste ano, por iso esiximos ao Alcalde de Ames que traballe para conseguir esta dotación sanitaria.
Na moción presentada proponse para aprobación o seguinte:
1. Instar a Xunta de Galicia que no prazo máis breve posible requira ao concello de Ames todas as cuestións técnicas e administrativas necesarias pendentes para poder levar a cabo a construción do Centro de Saúde do Milladoiro.
2. Instar a Xunta de Galicia a acometer coa máxima urxencia posible todos os trámites necesarios para comezar a construción do novo Centro de Saúde do Milladoiro.
3. Facultar ao alcalde do concello de Ames para que realice todos os trámites necesarios nas xestións inherentes a este tema.
4. Que a partir da aprobación de esta moción, se informe nos sucesivos plenos ordinarios do estado das xestións relacionadas o Centro de Saúde do Milladoiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario