Fundaciónn Granell - Talleres de arteterapia

Ciclo de talleres de arteterapia, unha viaxe ao teu interior a través da experiencia fundamental da creación, confiando no que emerxe de forma espontánea, manipulando materiais, investigando no manexo de técnicas e recursos plásticos, con obras de Arte como inspiración. 
Neste laboratorio experimentarase cos sentidos, coa atención ao corpo, á respiración e ás emocións, con tempos para comentar, quen o desexe, a súa experiencia. Non se requiren coñecementos previos ou habilidades especiais.

Estes talleres están dirixidos a persoas con interese polo autocoñecemento, que queiran entrar en contacto con técnicas e recursos de arteterapia, profesorado ou estudantes de ensinanzas artísticas. O que se pretende é afondar no propio, desenvolver a creatividade, a intuición, expresar a experiencia interior e compartir o proceso con outras persoas.

Alberto Pena estudou Belas Artes e traballa como profesor de Bacharelato de Artes. Formado en Terapia Gestalt en GUIBOR e especializado en Arteterapia no Centro de Arteterapia Humanista.

DURACIÓN: 26 febreiro_ 10 decembro.

DATAS: 26 febreiro_12 marzo_26 marzo_9 abril_23 abril_7 maio_21 maio_4 xuño_18 xuño_17 setembro_1 outubro_15 outubro_29 outubro_12 novembro_26 novembro_10 decembro.

HORARIOS: mércores de 16:30h a 19:30h.
PRAZAS: Máximo 12 persoas.
PREZO: 30 euros por taller. Materiais artísticos incluídos.
MATERIAL: Roupa cómoda, un caderno para escribir o proceso persoal.
Data límite inscripción: 21 febreiro.

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Pazo de Bendaña Praza do Toural s/n
15705. Santiago de Compostela
tel. (+34) 981 57 21 24 tel. (+34) 981 57 63 94 fax. (+34) 981 56 40 69
e-mail. didactica@fundación-granell.org
web. www.fundacion-granell.org

Ningún comentario: