O BNG solicita a dimsión dos imputados na Pokemon
Esíxelle explicacións a Regos sobre os agasallos de Vendex
Tras a descalificación do sumario da operación Pokémon, na que se revela que o Alcalde de Ordes recibiu agasallos do Grupo Vendex, grupo ao que pertence a empresa que xestiona a gardería municipal, “o BNG de Ordes acaba de presentar unha moción na que solicita que Regos explique que agasallos, e o valor dos mesmos, foi os que recibiu do Grupo Vendex”.
O portavoz nacionalista, Ramiro Recouso Liste, manifestou que “o sumario tamén da conta das grabacións telefónicas que demostran que a Tte. Alcaldesa mediou para que a muller dun concelleiro fora contratada pola empresa concesionaria da gardería municipal”
O BNG de Ordes xa denunciara prácticas eticamente cuestionábeis na gardería municipal, como era a contratación da compañeira sentimental dun concelleiro do goberno, concretamente do Concelleiro de Cultura, lembrando que que “situacións como estas non contribúen a restaurar a confianza da cidadanía nas institucións, unha confianza que se atopa baixo mínimos cando asistimos a continuos escándalos con imputacións masivas por delitos relacionados con prácticas de corrupción, mentres vemos que só en contadas ocasións se asumen as responsabilidades políticas que todo cargo público debe ter coa ética no desempeño das actividades propias do seu cargo””
Ramiro Recouso, considera que “os pinchazos telefónicos confirman o que a propia Tte. Alcaldesa recoñecera en maio de 2013, cando en declaracións aos medios de comunicación manifestou que o “volvería a facer mil veces” , recoñecemento explícito da existencia de trato de favor, para beneficiar á muller do Concelleiro de Cultura”
Por estos motivos o BNG de Ordes, “solicita a dimisión da Tte. Alcaldesa de Ordes en virtude dos acordos plenarios de 25 de Abril e de 7 de Maio de 2013”
Ningún comentario:
Publicar un comentario