O Consello comarcal de EU Compostela presenta máis de trinta alegacións para garantir os dereitos e benestar das veciñas e veciños
O Consello Comarcal de EU Compostela considera que o PP
reitera nos orzamentos municipais presentados a súa nefasta xestión, mostrando
máis interese polo ladrillo que polas persoas.
É inadmisible para un goberno que coñeza a realidade social
da cidade, presentar unha proposta de orzamentos na que se perpetúan as
ocorrencias urbanísticas do equipo de Ángel Currás, con cada vez máis obras que
nin son urxentes, nin prioritarias, e o que é peor, non son necesarias.
Por iso dende o Consello Comarcal de EU Compostela, tralas
xuntanzas mantidas con diferentes organizacións da cidade, como por exemplo o
albergue de Xoán XXIII ou a cociña económica, presentamos alegacións para
investir os cartos de todas e todos nos nas políticas sociais que nesta cidade
precisamos.
Coas nosas alegacións, máis de trinta, entre outras moitas
medidas, defendemos que o Concello cree o servizo municipal de atención
integral a persoas sen fogar, que acade un servizo telefónico cidadá de
atención a emerxencias sociais ou, por exemplo, que promova a solidariedade
mediante a convocatoria de cooperación ao desenvolvemento ou cun plan de acción
e fomento do comercio xusto.
Por suposto esiximos que o Concello ten que prestar os
servizos, de titularidade e xestión publica, que a cidadanía demanda, pero
mentres non sexa posible, porque se está levando a cabo o proceso de
participación cidadá e de dotación de medios humanos e materiais para prestar
estes servizos, propoñemos aumentar o apoio económica ás organizacións que
realizan unha gran labor social na cidade
Proseguindo coa nosa defensa do medio ambiente consideramos
que o obsoleto modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos que é SOGAMA
non pode continuar, por iso defendemos a necesidade crear unha empresa
municipal de un tratamento dos RSU de maneira sustentable medioambiental e
economicamente, que abranga dende a compostaxe, reciclaxe ata a posible
reutilización.
Máis que necesario para cargos públicos e asesores que
aprobaron un plan de axuste, que hipoteca o futuro económico de futuras
corporación, e tamén destrúe dereitos laborais das empregadas e empregados do
Concello, e dar exemplo cunha significativa redución das súa retribucións
complementarias.
Como tamén son necesarias outras propostas que presentamos
nas nosas alegacións, como garantir por toda a cidade a mobilidade das persoas
con discapacidade, como promover a defensa dos dereitos do colectivo LGTBI ou,
por exemplo, campañas de sensibilización para mostrar a situación de
explotación que padecen as mulleres que
exercen a prostitución
Por últimos, coas alegacións presentadas, mostramos a nosa
defensa da cultura, esta cidade necesita recuperar dende a Sala Yago ata as rúas,
onde poder disfrutar dunha cultura afastada de enlousamentos megalómanos
innecesarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario