OS PAIS E NAIS DO COLEXIO MONTE DOS POSTES INICIAMOS HOXE MOBILIZACIÓNS PARA EXIXIR DO CONCELLO E A XUNTA SOLUCIÓNS PARA O COLEXIO
A concentración realizarase ás 9 da mañá diante do colexio
A situación que están a soportar as nosas fillas e fillos, no Colexio Monte dos Postes é de tal gravidade que as nais e pais do mesmo cremos que non podemos aturar mais esta situación.
Logo de termos solicitado por todos os medios, a todas as administracións responsábeis, o arranxo das instalacións, e ao non termos resposta nin teren adoptado ningunha solución, acordamos facer un calendario de mobilizacións. nen a Xunta de galiza, nen o Concello de Santiago responden ás nosas peticións, e nin tan sequera responden ao Valedor do Pobo (ao que tamén recorremos) logo dos reiterados requirimentos deste organismo.
Estas mobilizacións veñen provocadas por que as nosas nenas e nenos, cada dia, están a sufrir as consecuencias da incapacidade de quen nos goberna, de dotar ao Colexio dunhas mínimas condicións de habitabilidade. Aulas anegadas, Goteiras nas aulas, Pozas, Canalóns que parecen fervenzas, Fochancas, Falta de espazo, Humidade nas aulas e un sen fin de problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario