Melide - Mercamelide consolídase

O Mercamelide consolidase como unha das grandes feiras de oportunidades de Galicia
A directora xeral de comercio, Dona Sol María Vázquez, inaugurou a media mañá a décimo terceira edición do Mercamelide de inverno 2014

Nesta edición e como é propia destas datas próximas aoentroido, contarasemañá coa máquina filloeira de Lestedo, como un atractivo máis da feiraonde se poden encontrar artigos de moi boa calidade a prezos reducidos.

A directora xeral de comercio, Dona Sol María Vázquez asistiu e comprobou de primeiraman o número de comerciantes presentes na feira, a calidade dos productos ofertados e os prezos atractivos para o consumidor. Ofertás e unha ampla gama de productos dende alimentación, roupa, calzado, complementos, utilería – entre outros - que incrementa o valor engadido da feira. 


Cada edición medra tamén o número de stands presentes o que fai de cada edicción do Mercamelideunha plataforma do comercio local como comercio competitivo e productos de primeiracalidade. Ademáis, o dinamismo é tamén a marca característica destafeira, xa que estará presente para facerfincapénun consumo responsable técnicos de SOGAMA, grazas a xestiónfeita polo Concello de Melide, que asesoran e reparten folletos informativos sobre a reciclaxe e o consumo responsable. 

A feira para todos aqueles que queiran acercarse estará abertaao público en horario ininterrompidodendeás 11.00 h da mañá até as 20.00 h da tarde, tanto hoxe sábado como mañá domingo. Engadir ademáis que mañá estará no Palacio de Congresos complementando a oferta existente a máquina filloeira de Lestedo, co fin de combinar o bo gusto do padal e da moda actual.

Ningún comentario: