Ames Novo - Homenaxe ao gaiteiro Germán V. Soneira

Concerto-homenaxe ao gaiteiro Germán V. Soneira este domingo en Bertamiráns
Festa, memoria e recoñecemento. Este domingo terá lugar a homenaxe ao gaiteiro en Bertamiráns da man da presentación do libro-disco que lle dedicou a asociación A Regionalista, que organiza este concerto xunto a Ames Novo. 
Este domingo 16 de febreiro terá lugar un concerto de presentación do libro-CD en homenaxe a Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas. Este acto está organizado conxuntamente Asociación Cultural A Regionalista e Ames Novo, e en colaboración da Asociación cultural Follas Novas.

O acto de homenaxe terá lugar este:domingo 16 de febreiro de 2014,·ás 18:00h. 
·na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). 

A Asociación Cultural A Regionalista de Teo adicoulle un libro-disco a Germán V. Soneira, o gaiteiro d'Os Lamas, que recolle a súa biografía e no que se fai un percorrido por pezas que foron emblemáticas na súa traxectoria musical. Este gaiteiro da parroquia de Framil de Biduido (Ames) naceu en 1939, e procedendo de familia de gaiteiros participou desde novo na charanga do "Sexteto enxebre Hermanos Lamas", e despois tivo que marchar cara o Brasil onde botou boa parte da vida.

Germán ten a particularidade de tocar e cantar ao mesmo tempo, como facían moitos gaiteiros tempo atrás. A AC. A Regionalista e Ames Novo, en colaboración coa AC. Follas Novas, queremos renderlle homenaxe para poder recoñecer a un símbolo da cultura tradicional e popular, e facelo divertíndonos en comunidade co que sabe facer de xeito magnífico, cantar e tocar a gaita. Como di o homenaxeado neste concerto teremos garantido "farra pra diante", chamamos a asistir o domingo en Bertamiráns a toda a xente que saiba disfrutar da festa.

Pode verse un perfil do Sr. Germán:
http://www.aregionalista.es/2012/06/german-v-soneira/

Información do libro-CD na Asociación de Gaiteiros Galegos:
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2785%3Axa-esta-a-venda-o-libro-sobre-german-v-soneira&catid=27&Itemid=18

Ningún comentario: